ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

un conto: a perspectiva necesaria

Filed under: CARA ADIANTE,VARIA NATURA — 19 Marzo 2015 @ 6:54 p.m.

Este conto, breve e substancioso, escoiteino hoxe, gustoume, e velaí volo reconto porque pon moi ben de manifesto que as cousas son o que son só desde determinada perspectiva:

Seica unha vez había un home que non oía nada ben, e deulle por ir a un mitín deses nos que os mitineiros prometen e prometen o que despois da ocasión lles esquece que nin a mantenta. Neste caso, o mitineiro en cuestión deu en dicir que, se votaban por el e saía elexido, só se traballaría un día ao mes.

O noso home de escasa percepción acústica preguntou que dixera o mitineiro, pois a xente batía palmas a ferver e debera ser cousa de interese. Entón, un bondadoso veciño de evento díxollo ben claro: “que se votamos por el só teremos que traballar un día ao mes”

Ao que respondeu o outro:

-Como? E das vacacións non dixo nada!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.