ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2015

crítica de “Poétic@” (Fran Alonso, Pitipoto Edición)

Posted: Luns, Abril 27th, 2015 @ 6:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Poétic@” (Fran Alonso, Pitipoto Edición)

POESÍA DA ERA CIBERNÉTICA Título: Poetic@ Autor: Fran Alonso Editorial: Pitipoto Edición Hoxe temos a fortuna de escribie sobre un libro que marcará época. Xa tardaba que, nos días de hoxe e coa expansión sufrida polos medios cibernéticos, aparecera un poemario que non se contentase con internet como soporte alternativo ao papel mais contendo poesías […]

que é a poesía para Fran Alonso?

Posted: Venres, Abril 24th, 2015 @ 1:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en que é a poesía para Fran Alonso?

Na súa Poétic@ realiza un fondo esforzo por atopar a procedencia e a esencia da poesía. O que vén a seguir é unha síntese da dilatada refelxión de Fran ALonso: -Unha arma cargada de futuro -Un xéro sublime que non de recrearse nas miudezas do mundano -Un xeito de compracer un dos que tamén son […]

poema ou instalación poética?

Posted: Xoves, Abril 23rd, 2015 @ 6:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 1 Comment »

En certo momento da súa Poétic@, Fran Alonso deixa de referirse ás súas crecións como poemas e pasa a denominalas “instalacións poéticas”. O concepto de “instalación poética” non é novo, xa ten sido utilizado abondo veces como unha fórmula na que se imbrican a arte poética e a pictórica ou escultórica, outras veces simplemente se […]

primeira aproximación a “Poética” ( Fran Alonso, Pitipoto Edición)

Posted: Mércores, Abril 22nd, 2015 @ 6:37 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en primeira aproximación a “Poética” ( Fran Alonso, Pitipoto Edición)

Adoita dicirse de libros como este que marcan época, que hai un antes e un despois deles. E non falta razóns neste caso. Trátase dun libro en soporte virtual, un libro que se le en internet, non podemos darnos o gustazo de acariñar as súas follas. Pero sobre todo trátase dun poemario que redefine o […]

recuperando literatura: “As Médulas” (Silvia Bardelás, Barbantesa)

Posted: Martes, Abril 21st, 2015 @ 6:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: “As Médulas” (Silvia Bardelás, Barbantesa)

CAMPO DE ESTUDO ENTRE A NOVELA E A FIOLOSOFÍA Título: As Médulas Autora: Silvia Bardelás Editorial: Barbantesa Digamos, primeiro de nada, que aínda que non se pode imaxinar a relato dunha historia sen un proceso reflexivo previo e calquera historia relatada é un convite á reflexión tanto sobre a historia como sobre a maneira de […]

que lugar ocupa o libro na túa vida?

Posted: Luns, Abril 20th, 2015 @ 6:29 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en que lugar ocupa o libro na túa vida?

As cifras son alarmantes. O ano pasado, en España vendeuse o 10% menos de libros e publicouse un 3% menos.Aínda así é, despois do Reino Unido e Estados Unidos, o terceiro expotador mundial. Aínda así porque en España é moi pouca a xente que le, só len menos en Portugal e Italia. Teñen todos os […]

poesía visual

Posted: Xoves, Abril 16th, 2015 @ 6:44 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en poesía visual

Alí onde de entrecruzan a letra e o deseño hai poesía visual. Non é algo tan novo como se pensa, sábeo ben Apollinaire. Mais na rede achou novo acubillo e por aquí e por alí xorden poetas visuais. Que hai de poesía e que hai de técnica? Entendendo por técnica o mundo de coñecementos sobre […]

crítica de “Vattene-O legado extraterrestre”

Posted: Mércores, Abril 15th, 2015 @ 8:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE, Sen clasificar | Comentarios desactivados en crítica de “Vattene-O legado extraterrestre”

A HUMANIDADE DESPOIS DA CIVILIZACIÓN Título: Vattene-O legado extraterrestre Autor: Alberte Momán Editorial: Círculo Rojo Alberte Momán xa no 2012 nos deixara un inquitenate Vattene, novela breve na que ao ser humano se lle daba unha segunda oportunidade que desaproveitaba e sobre a cal xa escribimos isto . Agoara dá á luz un volume moito […]

recuperando literatura: “Denso recendo a salgado” ( Manuel Portas, Xerais)

Posted: Martes, Abril 14th, 2015 @ 6:04 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: “Denso recendo a salgado” ( Manuel Portas, Xerais)

VIDA ATRAPADA, LITERATURA LIBRE Título: Denso recendo a salgado Autor: Manuel Portas Editorial: Xerais Quen ten a literatura por un virtuoso mar de palabras, acerta. Quen ten a literatura por un virtuoso mar de palabras alleo á vida, esquece que o valor da literatura non está só no texto senón fundamentalmente nas singraduras que o […]

Günter Grass e Eduardo Galeano

Posted: Luns, Abril 13th, 2015 @ 6:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Günter Grass e Eduardo Galeano

Sempre van de dous en dous, raramente a parca se conforma con deixarnos orfos dun nome. Desta vez tocoulles a Günter Grass e a Eduardo Galeano, ambos e dous escritores moi comprometidos coa vida social. Non escribían por escribir, por facer bonito con palabras, procuraban que as palabras serviran ao ser humano para coñecer os […]