ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Günter Grass e Eduardo Galeano

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,Sen clasificar — 13 Abril 2015 @ 6:26 p.m.

Sempre van de dous en dous, raramente a parca se conforma con deixarnos orfos dun nome. Desta vez tocoulles a Günter Grass e a Eduardo Galeano, ambos e dous escritores moi comprometidos coa vida social. Non escribían por escribir, por facer bonito con palabras, procuraban que as palabras serviran ao ser humano para coñecer os seus erros e planificar un futuro mellor. Por iso non eran escritores inocentes. A inocencia non é máis que outro conto para crianzas.

E, como sempre nestes casos, un non pode evitar a frustración que achega a pregunta con cal me quedo? Porque se Günter Grass é moi importante para coñcer unha versión novelada da historia europea do século XX, Eduardo Galeano tamén resulta imprescindíbel á hora de reescribir con xusteza a historia do continente colonizado por españois e portugueses. Se Günter Grass foi polémico por participar en actos da SS alemana, cando era mozo e non de motu propio, Eduardo Galeano sempre mantivo fiel apoio aos movementos de liberación e mesmo prologou un libro en galego: Luz de tebra (Ánxel Vázquez de la Cruz, Xerais) ademais de participar en Á beira de Beiras e estar sempre en contacto coa evolución da politicosocial galega.

O tambor de folla de lata ou Las venas abiertas de América Latina? Malos presaxios ou El libro de los abrazos?

Un Premio Nobel e outro que ben o merceía.

Tanto ten a escolla, as súas obras quedan aí. E os seus exemplos de vida.

Pero iso non compensa o tremendo oco nas mentes e nos corazóns dos que pensamos que a vida pode ser outra cousa, que a vida debe ser outra cousa.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.