ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

poesía visual

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CARA ADIANTE,CRÓNICA DA CRÍTICA — 16 Abril 2015 @ 6:44 p.m.

Alí onde de entrecruzan a letra e o deseño hai poesía visual. Non é algo tan novo como se pensa, sábeo ben Apollinaire. Mais na rede achou novo acubillo e por aquí e por alí xorden poetas visuais. Que hai de poesía e que hai de técnica? Entendendo por técnica o mundo de coñecementos sobre o funcionamento de determinados programas informáticos, o cal se volve moito máis complicado se contamos tamén co aspecto sonoro.

Vaia por diante que non pretendemos definir a poesía visual, aquí e  agora, pois volveuse un concepto tan complexo como inabarcábel. Por exemplo velaí está a videopoesía, que non deixa de ser poesía visual por moito que se limite a un recitado diante da cámara.

Unha simple googelización do concepto “poesía visual” deita un bo número de exemplos que non deixarán indiferente a ninguén, que seducirán pola súa beleza ou pola oportunidade da súa mensaxe. Eis unha culaidade fundamental na poesía visual, non provocar a indiferencia, ser activa, procurar unha interpelación ao visualizador, facelo reaccionar perante o que ve e o mundo cultural que o envolve.

Páxinas hai que mesmo ensinan diferentes métodos para construír poesía visual.

Noutras lense aproximacións á súa definición. Na páxina que poñemos como exemplo lense sete definicións e non son capaz de estar en desacordo con ningunha delas, con seren todas diferentes non hai dúbida de que tocaron a alma do que pretenden definir.

Para rematar déixolles esta páxina onde se poden achar exemplos de poesía visual en diferentes linguas e culturas.

Boa lectura.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.