ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

que lugar ocupa o libro na túa vida?

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS — 20 Abril 2015 @ 6:29 p.m.

As cifras son alarmantes. O ano pasado, en España vendeuse o 10% menos de libros e publicouse un 3% menos.Aínda así é, despois do Reino Unido e Estados Unidos, o terceiro expotador mundial. Aínda así porque en España é moi pouca a xente que le, só len menos en Portugal e Italia. Teñen todos os datos aquí. Obviamente se falamos do mercado galego, a preocupación increméntase moitísimo máis, cunha Administración absolutamente inoperante á hora de botar unha man a un sector crítico, un sector crítico a nivel industrial, económico e cultural. Se Citröen deixara de facer coches en Vigo, sería unha catástrofe a nivel galego. Mais se os nosos fillos deixan de ler…miramos a ver se chove ou non.

Pero alguén cre de verdade que pode existir educación sen lectura? Alguén pode accede ao mundo do coñecemento sen ler? E os datos son curiosos, non deixar de escarmentarnos, queiramos ou non. tanto desde a Administración coma na rúa crese que a lectura é un acto individual, coma ir ao ximnasio ou correr. Claro, con esta perspectiva non se pode avanzar. E os números son teimosos. Porque aínda que nos queiran mover no eido das apetencias individuais, Galiza é punteira a nivel nacional en canto aos clubs de lectura escolares. Aos máis novos gústalles ler.

Moitas veces teño reclamado desde esta Ferradura máis atención institucional para a lectura, aínda a sabendas de que é predicar no deserto. Por iso hoxe me dirixo á individualidade de cada un de nós, que lugar ocupa o libro nas nosas vidas? Porque des resposta depende en boa maneira o comportamento dos máis novos. Se na nosa vida ocupa un lugar central, inexcusábel a súa presenza, así será na dos nosos fillos. Se na nosa vida ocupa un lugar marxinal, peor será na dos máis novos.

Estamos en ano electoral. Que lugar ocupa o libro nos distintos programas dos partidos políticos? E a lectura?

Afeitos ao desdén institucional, cando non ao estorbo, semella que só nos queda protestar e reaccionar como indivíduos. Non é así, pero tamén. Queda moito por facer na cultura individual polo libro. Todo. E ninguén o vai facer por nós.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.