ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

poema ou instalación poética?

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 23 Abril 2015 @ 6:36 p.m.

En certo momento da súa Poétic@, Fran Alonso deixa de referirse ás súas crecións como poemas e pasa a denominalas “instalacións poéticas”. O concepto de “instalación poética” non é novo, xa ten sido utilizado abondo veces como unha fórmula na que se imbrican a arte poética e a pictórica ou escultórica, outras veces simplemente se trata de procurarlle á poesía soportes novos e diferentes, desde as ponlas das árbores ás rochas que un atopa paseando á beira dun río.

Vexamos algúns exemplos que a rede nos proporciona. Árbore poética. Embudo entre dos mundos. En Gondomar houbo unha misteriosa instalación poética. Notocoa doutra instalación de Zelai Aritzi.

O carácter subversivo das instalacións poéticas resulta común, neste tipo de experiencias que pretenden devolverlle ao mundo un chisco de cordura, corazón, beleza, a un mundo que parece que non as bota de menos.

O carácter subversivo do uso de Fran Alonso está aí tamén. Corrosivo diría o autor. Mais neste caso afecta á propia esencia da poesía. A poesía, enténdese, é outra cousa, outra cousa desprovista de toda a aparatexe auxiliar que contribúe a lle dar forma a esta nova poesía. Esa é a diferenza.

Simple cuestión de etiquetaxe? Non cremos, máis ben estamos porque a poesía está mudando, nunca deixará de ser poesía, mais ben diferente do que tradicionalmente se entende por poesía.

Apaixonante panorama. A simple vista, a instalación poética semella máis completa que a poesía. A simple vista porque, tal e como a concibe Fran Alonso, nalgúns casos perde o aspecto sonoro do recitado clásico, aspecto sen dúbida a recuperar pois é moi bonito que a poesía entre tamén polo oído.

1 comentario

  1. ferradura en tránsito » crítica de “Poétic@” (Fran Alonso, Pitipoto Edición):

    […] De xeito que chega un momento no cal Fran Alonso xa non fala de poesía simplemente senón de instalación poética, recoñecendo as diferenzas entre o texto puro, o texto só composto por palabras,e o texto […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.