ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2015

sobre O PILOTO, O ÚLTIMO GUERRILEIRO

Posted: Xoves, Maio 28th, 2015 @ 5:32 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en sobre O PILOTO, O ÚLTIMO GUERRILEIRO

Título: O Piloto, o último guerrilleiro Autor: Afonso Eiré Editorial: Hércules O Piloto ten a súa canción ( Liviao de Marrao), o Piloto ten o seu vídeo ( producido e dirixido por Xosé Reigosa), o Piloto ten a súa páxina na wikipedia , o Piloto ten o seu libro: este que hoxe nos ocupa. Xosé […]

o futuro escríbese en feminino

Posted: Martes, Maio 26th, 2015 @ 5:03 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o futuro escríbese en feminino

Aí están Ada Colau en Barcelona, Manuela Carmena en Madrid ou Mónica Oltra en Valencia. O dato é obvio mais non sei se alguén reparou en que as tres son mulleres. Manuela Carmena logrou o que ninguén en máis de 20 anos; Mónica Oltra outro tanto en Valencia; e Ada Colau será a primeira muller […]

o PP cárgase o “Planeta Furancho”

Posted: Venres, Maio 22nd, 2015 @ 5:50 p.m. in MÚSICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o PP cárgase o “Planeta Furancho”

Non lles abondou con pechar o “Aberto por Reformas”, ao que seica Alberto Impón Reformas Feixó tiña manía, non por outra cousa, pero que é iso de difunfir música en galego en horario “prime time” ( pódese palicar á radio, e ás 20 horas?, creo que si)?Porque é certo iso de que a música é […]

recuperando literatura: “A cidade sen roupa ao sol” (Marga Doval, Espiral Maior)

Posted: Xoves, Maio 21st, 2015 @ 8:38 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, Sen clasificar | 1 Comment »

CLAREO DA CIDADE SEN ROUPA AO SOL Título: A cidade sen roupa ao sol Autora: Marga do Val Editorial: Espiral Maior Tamén a poesía é procura, procura de calor a través do tempo, sempre a través do tempo, o único deus que non morre. Ten a procura, que é ser activo, inquedanza, a necesidade dun […]

crítica de “Zapatillas rotas” (Xabier Quiroga, Xerais)

Posted: Martes, Maio 19th, 2015 @ 8:44 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Zapatillas rotas” (Xabier Quiroga, Xerais)

POR IR VER O MAR Título: Zapatillas rotas Autor: Xabier Quiroga Editorial: Xerais Aínda que a práctica diaria nos diga que hoxe non vai suceder nada que non sucedera onte, as cousas poden pasar en calquera instante. Como lle aconteceu ao señor Xaquín cando daba o seu paseo matutino procurando a intimidade da soidade fóra […]

non hai tutía

Posted: Luns, Maio 11th, 2015 @ 6:36 p.m. in LINGUA | 2 Comments »

Eis unha desas expresións que lembro ter utilizado alá no Lugo da miña preadolescencia. E non sei se trei algunha vez escrito sobre ela. Paréceme que algunha recordación me vén, mais non tan nítida como a de escoitala saír dos meus labios ou entrar polos oídos. Botabamos man dela cando unha cousa tiña que ser […]

Aprender a ler de forma literaria

Posted: Mércores, Maio 6th, 2015 @ 6:47 p.m. in CARA ADIANTE, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en Aprender a ler de forma literaria

Boto man deste artigo e cópiolle o título porque tenche as súas implicacións. “Aprender a ler de forma literaria”, nada menos nin nada máis e con toda a xusta razón. A fin de contas non é tan complicado, apréndese a ler de forma literaria…lendo. Só cómpre iso, ler. É tan sinxelo como iso, ler. Claro […]