ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o PP cárgase o “Planeta Furancho”

Filed under: MÚSICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 22 Maio 2015 @ 5:50 p.m.

Non lles abondou con pechar o “Aberto por Reformas”, ao que seica Alberto Impón Reformas Feixó tiña manía, non por outra cousa, pero que é iso de difunfir música en galego en horario “prime time” ( pódese palicar á radio, e ás 20 horas?, creo que si)?Porque é certo iso de que a música é aunha arma cargada de futuro. Neste caso de futuro para a lingua galega. E, xa se sabe, mandan os paletos de pueblo (tanto en San Caetano como en Madrid) e téñenlle un especial odio ao galego, o galego de cortello dálles igual, non é conflitivo, pero o galego que mira cara a adiante, o galego sen complexos, ese non abonda con reducilo á Radio Galega Música, inclusive aí fai mal.

Velaquí teñen a noticia. Noticia que é tamén convocatoria. O “Planeta Furancho” é como a cabeza da música galega, a referencia, alí onde nos informamos de quen saca disco, cando son os festivais e quen está neles, así como calquera outra actualidade relativa á música galega sen complexos. E quedamos sen ela agora que se aveciña a tempada forte de festivais e actuacións ao vivo.

Mais a cousa non vai quedar así. A propia noticia, como xa dixen, é convocatoria. Convocatoria para quen teña un mínimo amor polo  propio, pola lingua, pola música, pola cultura de nós.

Cargáronse ANT e non ía quedar aí un programiña a espallar o que eles queren, o  PP quere calar. E así seguirán até que só nos quede o Luar. Sermos, Galicia Confidencial, Praza Pública…próximos obxectivos.

Non nos vencerá o odio, a forza do noso amor non pode ser inútil.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.