ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o futuro escríbese en feminino

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Maio 2015 @ 5:03 p.m.

Aí están Ada Colau en Barcelona, Manuela Carmena en Madrid ou Mónica Oltra en Valencia. O dato é obvio mais non sei se alguén reparou en que as tres son mulleres. Manuela Carmena logrou o que ninguén en máis de 20 anos; Mónica Oltra outro tanto en Valencia; e Ada Colau será a primeira muller que accede á alcaldía de Barcelona. Son tres exemplos. Mulleres traballadoras, mulleres soñadoras, mulleres loitadoras en lugar das esperpénticas Aguirre, Cospedal, Barberá e edemais culimañada. Mulleres para a esperanza dun estado español carcomido polos Bárcenas, Rus, Pujol…Pero, ollo, que a corrupción non ten unicamente nomes de varón, tamén podían aparecer aí Ana Mato, igual a mesma Barberá…

Eu non son xuíz e non podo condenar, pero sei que se algo cheira é que a podremia está aí. Colles a mazá e só lle ves como unha mancadura, só unha mancadura en toda a súa verde superficie. Mais cando te pos a comela, vas e ves que  está ppodre até o carozo.

Unha xa dimitiu, ou a dimitiron, e a outra non para de aparecer nos mentideiros, nos faladoiros da chacina visceral.

En todo caso son exemplos, aloumiños á esperanza despois dunhas eleccións que eu vivín aquí, coa esquerda máis fragmentada ca nunca ofrecendo un fusco horizonte diluído en mareas e outros inventos de ocorrencia parella.

Non sei en que darán, quero ser optimista.

O que si teño claro é que a esquerda non debe presentarse máis así de esmigallada, é dar balas ao inimigo cando son máis as cousas que nos unen que as que nos separan.

E que o futuro ten nome de muller. Xa o dixen hai ben anos, pero haberá que repetilo até que o eco chegue a  algures.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.