ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2015

crítica do Premio Vicente Risco 2015

Posted: Martes, Xuño 30th, 2015 @ 7:03 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en crítica do Premio Vicente Risco 2015

OS CONTOS E A REFLEXIÓN Título: A verdade nos espellos. Autor: Pablo Rubén Eyré Editorial: Sotelo Blanco A proba de lume para certificar a competencia dun narrador, é cando este decide contar intrascendencias, naderías, e malaia todo, o lector é incapaz de abandonar as páxinas do libro. É como un dicir soberbio: conte o que […]

recuperando literatura: “Lapidarias. Os versos escuros” (David Rodríguez, Xerais)

Posted: Venres, Xuño 26th, 2015 @ 8:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: “Lapidarias. Os versos escuros” (David Rodríguez, Xerais)

CONTRASTE DO POETA ATRAPADO Título: Lapidarias. Os versos escuros. Autor: David Rodríguez Editorial: Xerais Da apocalipse que atoparei -non do paraíso perdido- teño nostalxia (111) Abonda este poema para ensinar o estado de ánimo desde o que David Rodríguez escribe este impresionante poemario. Case estiven a piques de escribir “definir”. Como definir un estado de […]

a crítica galega secundariza a literatura feita por mulleres?

Posted: Xoves, Xuño 25th, 2015 @ 1:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

É o que se afirma neste artigo. Sinceramente, nin o entendo nin podo estar máis en desacordo. E non é que se mencione de pasada. Repítesemoi conscientmente: A crítica en Galiza nunca deixa de poñer nun lugar secundario un tipo de literatura ou de mensaxes feita por unha muller. Hai 30 anos igual tiña un […]

crítica de “Funambulistas” (Mercedes Leobalde, Xerais)

Posted: Luns, Xuño 22nd, 2015 @ 8:50 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Funambulistas” (Mercedes Leobalde, Xerais)

PERSONAXES NA CORDA FROUXA Título: Funambulistas Autora: Mercedes Leobalde Editorial: Xerais Pode parecer mentira, mais en todos os miles de anos que o ser humano leva sobre esta terra, e despois das innúmeras liñas escritas sobre a vida e as súas implicacións, é hoxe o día en que non se sente seguro en cada paso […]

recuperando literatura: ” O coitelo en novembro” ( Marilar Aleixandre, Xerais)

Posted: Venres, Xuño 12th, 2015 @ 6:42 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: ” O coitelo en novembro” ( Marilar Aleixandre, Xerais)

Festa da palabra non silenciada Título: O coitelo en novembro. Autora: Marilar Aleixandre. Editorial: Xerais. Non incomode se adianto resposta. É novela e non é novela. En todo caso, o último título de Marilar Aleixandre que os trinques de novidades nos ofecen, é un soberbio exemplo de literatura maiúscula, de metaliteratura e inclusive de protoliteratura […]

crítica de “Olimpia Ring, 1934” ( Xabier López , Galaxia)

Posted: Martes, Xuño 9th, 2015 @ 6:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de “Olimpia Ring, 1934” ( Xabier López , Galaxia)

MORTE NO CUADRILÁTERO Título: Olympia Ring, 1934 Autor: Xabier López López Editorial: Galaxia A novela de que hoxe nos ocupamos supón regreso aos trinques das librarías de Sebastiá Faraldo, o plumífero orondo e sentimental que se estreara na lembrada A vida que nos mata ( Premio García Barrros, 2003). Esta vez nun ambaiente ben diferente […]

recuperando literatura: “O imposible de desatar” ( Iván García Campos, Galaxia)

Posted: Martes, Xuño 2nd, 2015 @ 6:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: “O imposible de desatar” ( Iván García Campos, Galaxia)

O LECTOR: NA PROCURA DA HISTORIA Título: O imposible de desatar Autor: Iván García Campos Editorial: Galaxia A novela de que imos tratar é o actual Premio Blanco Amor, galardón concedido a esta O imposible de desatar de Iván García Campos, título co que se estrea na narrativa longa, pois no 2008 fora distinguido co […]