ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

filosofía e poesía

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS — 31 Xullo 2015 @ 5:58 p.m.

Desde sempre me interesou a relación que se establece entre filosofía e poesía, especialmente desde que a poesía dá en ofrecer contidos fiolosóficos, como adoita suceder nos nosos días (nas últimas décadas sinaladamente, aínda que antes tamén sexa posíbel atopar filosofía na poesía, nunca como nas décadas inmediatamente anteriores foi isto tan perceptíbel). Evidentemente, iso lévame a preguntarme que é a fiolosofía e que é a poesía para anadaren tan mesturados. E recoñezo neste artigo de Carlos Lema a orixe desta anotación.

a filosofía continúa cinguida a un pensamento no que a realidade soamente existe como relación do suxeito co mundo

Afondar nesa contaminación xenérica dá pé a parágrafos como o que vimos de salientar, onde é cuestión de poñer poesía e lugar de filosofía para decatarnos verdadeiramente de de a onde chega.

Para ser xustos é hora de mentarmos a microfilosofía, ese arte que desde Dieste nos asalta de cando en vez ( a Fragua íntima é un auténtico tesouro). Digo que nos asalta porque nos sorprende, contidos filosóficos tan fondos expresados de maneira tan sinxela e breve. E non só os aforismos, adaxios etc, tamén me refiro a eses libros de fiolosofía que exploran a microexpresión, que saltan dun tema noutro coa intensidade e brevidade do lóstrego.

O artigo de Carlos Lema obedece obviamente a un propósito: situar a filosofía nos tempos de hoxe, tarefa nada sinxela. E eu confeso unha cousa: mentres na poesía poidamos atopar fiolosofía tamén…síntome aliviado.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.