ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2015

Decálogo para unha poesía que se cadra non existe

Posted: Luns, Setembro 28th, 2015 @ 6:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en Decálogo para unha poesía que se cadra non existe

• A poesía orientada a un público xuvenil carece de pasado, polo que só existe en futuro. Permite a aventura, porque as súas fronteiras aínda non están delimitadas por ningún sa- cerdote da tribo. • Aínda que minoritario, existe un público para a poesía; aín- da que invisible, existe un público para a poesía xuvenil; […]

crítica de SEXO E MONSTRUOSIDADE. UNHA XENEALOXÍA DA POLICÍA SEXUAL

Posted: Xoves, Setembro 24th, 2015 @ 5:27 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de SEXO E MONSTRUOSIDADE. UNHA XENEALOXÍA DA POLICÍA SEXUAL

ENSAIO SOBRE O SEXO E AS DESVIACIÓNS Título: Sexo e monstruosidade. Unha xenealoxía da polícía sexual Autor: Antón Fernámdez de Rota Editorial: Axóuxere Nacer cunha determinada identidade sexual, asignando esta segundo o sexo biolóxico do nenonato, é algo que non podemos escoller, igual que tampouco podemos elixir ser altos, delgados, de ollos azuis, ou gordos […]

recuperando literatura: OS FÍOS (Xurxo Sierra Veloso, Galaxia)

Posted: Martes, Setembro 22nd, 2015 @ 6:06 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: OS FÍOS (Xurxo Sierra Veloso, Galaxia)

A BREVIDADE E OS CAMIÑOS DESVIADOS QUE LEVAN Á MORTE Título: Os fíos Autor: Xurxo Sierra Veloso Editorial: Galaxia Esta novela de Xurxo Sierra Veloso foi merecedora do Premio Repsol 2010. O de Repsol é un premio de Narrativa Breve. Pódese entender unha novela como narrativa breve?A noso entender, moi dificilmente. Como se chega a […]

plan de fomento da lectura

Posted: Luns, Setembro 21st, 2015 @ 5:33 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

No remol do publicado por Brétemas, e como é tema de para min moito interese, quero reflexionar un pouco e facer un par de aclaracións. Observarám que Brétemas titula “Plan do fomento do libro” e é de precisar, en primeiro lugar, que libro e lectura non son o mesmo. Enténdese evidentemente que detrás do fomento […]

caos e sexo

Posted: Xoves, Setembro 17th, 2015 @ 8:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 1 Comment »

A vivencia do sexo é algo tan íntimo de cada un/unha que desexa sempre para ela o máximo de liberdade e sinceridade. O máximo de liberdade porque sen liberdade dificilmente se pode vivir o sexo, ter relacións. E o máximo de sinceridade porque sobre asunto tan trascendente na vida ( hai outro que o supere) […]

policía sexual?

Posted: Mércores, Setembro 16th, 2015 @ 8:06 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en policía sexual?

Estou lendo un libriño ( formato de peto, 102 páxinas) publicado por Axóuxere. Pero un libro non ten que cumprir o requisito dun número determinado de páxinas para falar alto e claro de temas que interesan. Que interesan máis do que un ao principio de imaxinaba. O seu título, Sexo e monstruosidade. Unha xenealoxía da […]

recuperando literatura: CONVERSA ULTRAMARINA

Posted: Luns, Setembro 14th, 2015 @ 8:31 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: CONVERSA ULTRAMARINA

SOBRE VIDA E POESÍA Título:Conversa Ultramarina Autor:Lois Pereiro Editorial: Positivas Entre marzo e xuño de 1995, Lois Pereiro mecanografou esta longa carta que dirixiu a Piedad R. Cabo, muller de granda importancia na vida do Lois, que estaba a realizar un curso de inglés en Estados Unidos. En dúas partes, unha de 26 e outra […]

crítica de CONTOS DO MAR DE IRLANDA

Posted: Xoves, Setembro 10th, 2015 @ 8:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en crítica de CONTOS DO MAR DE IRLANDA

MAR DE IRLANDA, MÍTICO MAR DE IRLANDA Título: Contos do mar de Irlanda Autor: Xurxo Souto Editorial: Xerais A meirande parte de libros que dá á luz unha literatura podémolos cualificar como “libros de mantemento”, non achegan nada do outro mundo mais condenalos ao esquezo tamén sería un tanto inxusto. Tan só unha pequena parte […]