ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

plan de fomento da lectura

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 21 Setembro 2015 @ 5:33 p.m.

No remol do publicado por Brétemas, e como é tema de para min moito interese, quero reflexionar un pouco e facer un par de aclaracións. Observarám que Brétemas titula “Plan do fomento do libro” e é de precisar, en primeiro lugar, que libro e lectura non son o mesmo. Enténdese evidentemente que detrás do fomento fo libro está o fomento da lectura, por iso, cando remata o seu post non lle queda outra que falar da lectura, “…permitirá incorporar a lectura como un dos temas preferentes da axenda pública”

Non só comparto o expresado no artgo senón que non meu caso o pesimismo é meirande. As actuacións sobre piratería, dereitos de autor, ive, librarías e bibliotecas, son necearias e imprescindíbeis nunha sociedade normalizada. Son imprescindíbeis para o sector do libro, mais de aí só redundará na lectura unha pequena parte se as librarías e bibliotecas funcionan ben. Porén temos a experiencia de que o partido no goberno ten un vivo interese en pechar bibliotecas mentres todas as demais medidas que o libro -e falo de libro, non de lectrua- precisa non pasan de desideratum agochado nalgún recoveco da vida política de actualidade menos apremante. E xa non é que o sexa para o partido no goberno senón que o resto de partidos políticos por aí lles vai.

Eu boto de menos un plan de lectura minimamente coordenado e eficiente e ambicioso. Un plan de lectura supón que se vai traballar sobre o libro, evidentemente, como soporte lector preferente, mais tamén sobre outros soportes que, incidindo sobre a lectura, terán repercusión tamén sobre o libro. E como no vexo, non percibo, no ambiente político nada que se poida asemllar a unha preocupación minimamente parecida, son por iso moi pesimista.

É posíbel vivir sen ler, de feito é o que se vén facendo maioritariamente, inclusive é moi cómodo. O certo é que a nosa sociedade asimila a lectura ao prescindíbel, inclusive ao “luxo social”, algo minoritario e un tanto molesto porque os lectores considéranse xente informada, crítica e nada doada de convencer cos típicos argumentos políticos. É posíbel, si, mais moi pobre, humanamente moi pobre, porque a oarcentaxe de humanismo que nos habite depende moito da cantidade e calidade das lecturas que fagamos. E; hoxe por hoxe, nin sequera no ensino a lectura está regrada. Resulta perfectamente posíbel evolucionar no ssistema de ensino sen que haxa a obriga de ler máis libros que o de texto. Así de duro.

1 comentario

  1. david otero:

    concordo.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.