ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2015

crítica de A IDENTIDADE FASCINADA

Posted: Xoves, Novembro 26th, 2015 @ 6:38 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A IDENTIDADE FASCINADA

PURO OITENTISMO Título: A identidade fascinada Autor: Antonio Piñeiro Editorial: Galaxia “O foco non pode ser un. Deixaría demasiado fóra e probabelemente –diría Goethe- todo iso fose o xenuíno,o que nos xenuizaría a nós” (13, salientado seu). De aí o texto concibido como mosaico, como patchword (salientado seu), entre a crónica, o ensaio novelado, as […]

crítica de O FARO ESCURO

Posted: Xoves, Novembro 19th, 2015 @ 9:47 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O FARO ESCURO

NOVELA CURTA POLICIAL Título: O faro escuro Autora: María López Sández Editorial: Galaxia. Son 31 capítulos, correspóndense a un por cada día do mes, existe un premio literario patrocinado por un diario coruñés con esas características,a sospeita de que este texto proveña desa “factoría” parece máis que razoábel. Trátase dun premio que aproveita moito aos […]

crítica de MÁSCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL

Posted: Xoves, Novembro 12th, 2015 @ 7:20 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de MÁSCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL

NOVELA TEATRALIZADA Título: Máscaras rotas para Sebastian Nell Autor: Alberto Ramos Editorial: Galaxia Máscaras rotas para Sebastian Nell é o Premio García Barros 2014, e, como o seu título ben indica, trátase dunha novela híbrida, onde o teatro ten unha forte, moi forte influencia, pois a novela consiste nun demorado enfrontamento dialéctico entre Sebastian Nell, […]

crítica de LENDO LENDAS, DIGO VERSOS

Posted: Xoves, Novembro 5th, 2015 @ 9:45 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de LENDO LENDAS, DIGO VERSOS

UN LIBRO ÚNICO Título: Lendo lendas, digo versos Autores: Antonio Reigosa, Antonio García Teijeiro / Ilustracións: Xosé Cobas Editorial: Xerais Todos os libros son únicos, dirán vostedes, e con razón, mais este que hoxe lles comentamos é especial. O seu contido é moi simple. Son lendas contadas primeiro en prosa ( por Antonio Reigosa), despois […]