ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de MÁSCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 12 Novembro 2015 @ 7:20 p.m.

NOVELA TEATRALIZADA
Título: Máscaras rotas para Sebastian Nell
Autor: Alberto Ramos
Editorial: Galaxia
Máscaras rotas para Sebastian Nell é o Premio García Barros 2014, e, como o seu título ben indica, trátase dunha novela híbrida, onde o teatro ten unha forte, moi forte influencia, pois a novela consiste nun demorado enfrontamento dialéctico entre Sebastian Nell, actor británico, e Rebeca Graham, xefa da sección de cultura en The Guardian, xornalista que non goza das simpatías de sir Sebatian mais que é a escollida para, unha vez que lle foi detectado o implacábel alzhéimer, manter unha longa conversa durante a cal sir Sebastian percorrerá memorialmente os aspectos máis escuros e duros da súa vida así como tamén as glorias e triunfos, aínda que, a vida é así, estes sempre son menos e teñen menos influencia na vida das persoas.
Rachar todas as máscaras, aparecer nu e verdadeiro, é o que pretende sir Sebastian coa longa conversa con Rebeca, unha conversa que non refuga a polémica e que por veces é un enforntamento entre dous caracteres distintos, aínda que a profesionalidade de Rebeca fará o posíbel por manterse dentro dos lindes da obxectividade e bon gusto ( que tanto significa para Nell), xa que a conversa é unha iniciativa de sir Sebastian e en calquera momento pode parala.
Sebatian Nell é unha personaxe definida por un carácter forte, é unha persoa excéntrica mais tamén misérábel e misóxino ( malia ter polo menos dúas relacións con mulleres, das que unha é moi importante), un espírito exquisito admirador da política de Margaret Thatcher, con facilidade para o insulto e a provocación, relixioso na recta final da súa vida e admirador de Victor Hugo. Un ser que sente a urxencia da verdade fornte á morte, como Otelo ou Hamlet, e colecciona bastóns, undos cales petenceu a Rudiyar Kipling.
Sebastian Nell nace pobre, malia iso opina que a alma dos pobre é mesquiña, vive como neno a Segunda Gerra mundial e comeza traballar bastante cedo (13 anos). Xunto co seu irmán máis novo (Jonas) foxe do seu pai cando este se alcoliza despois da morte da súa nai (á que odia, porque o menospreza). Aos 24 anos, grazas a unha bolsa do goberrno, entra na Universidade de Cambridge, non conseguirá rematar os estudos mais é o seu inicio como actor teatral, alí establece as primeiras relacións e sobe aos primeiros escenarios. Cóntase na primeira parte da novela, pois a conversa fractúrase en tres tempos ao longo dos cales Rebeca Graham excita a memoria decadente de sir Sebastian, e por outra parte sería unha entrevista excesivamente densa para unha soa seseión. De xeito que a novela conta con tres partes, introducidas por un comentario de Rebeca cadansúa, aínda que se esta se presente nun deseño editorial uniforme e sen fracturas.
Derek Jacobi, Peter O´Toole, Maggie Smith, Joan Plowright, Lawrence Olivier, Judi Dench, Richard Harris, Hopkins…percorren as súas páxinas e con eles materá relacións tensas, sempre tensas, favorábeis ou non mais sempre tensas. Inclusive con Benjamin Long e Julia Marchant, o admirado Benjamin Long e a amada ( ao seu xeito) actriz francesa Julia Marchant. Sexa en chan británico ou ben na súa incursión norteamericana, cando en Inglaterra decae porque a súa figura é boicoteada. A primeira parte é a máis variada en canto ao contido. Fala do seu irmán, que malia todo chega a avogado, da identidade colectiva e individual, lembra os sues primeiros anos…Lembra, malia que a lembranza, a memoria, sexa unha prostitución dos acontecementos. A segunda parte, a segunda sesión céntrase máis na relación con Sebastian Long así como a de Rebeca co seu mentor Hubert Murphy ( de onde vén o odio que si Sebastaina ten a Rebeca). Na terceira parte é o seu amor Julia Marchant o centro, así como o seu tatcherismo a ultranza.
Non habendo unha tarma convencional, os cosidos narrativos de Rebeca que anteceden a cada parte, tentan introducir a compoñente narrativa, mais a novela é fondamente teatral e iso conleva que teñan moita importancia as microhistorias que poboan o discurso, as pequenas historias que Nell hai mater coas diversas personaxes teñen o seu propio clímax, aínda que aparezan fragmentadas en varias respostas. Así como a forza dramática de que o autor sabe dotar as personaxes. Isto é moi de ter en conta, xa que a entrevista, en si, todos sabemos máis ou menos como vai rematar.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.