ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de FONTÁN

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 17 Decembro 2015 @ 9:44 p.m.

FONTÁN, O ILUSTRE ILUSTRADO
Título: Fontán
Autor: Marcos Calveiro
Editorial: Galaxia
Se a semana pasada escribiamos a cerca duna novela moi importante para o sistema literario ( Lourenço, xograr; Manuel Portas; Galaxia) esta semana temos como centro da nosa atención unha novela que reivindica a figura dun home, Domingo Fontán, que ten unha importancia crucial para a propia Galiza, pois foi o primeiro en retratala con medicións científicas. Noutras palabras, Galiza é como é porque Domigo Fontán gastou anos da súa vida en ofrecernos un retratro cabal da súa xeografía física. E Marcos Calveiro tivo a afortunada idea de novelar a súa biografía. Afortunada idea porque rescata do tempo a figura dun home trascendental na historia da Galiza e do que moi pouco se ten falado en comparanza coa súa enorme importancia. Non cabe dúbida de que, grazas á novela de Marcos Calveiro, a disfusión da súa figura será agora moito máis intensa e xusta.
Domingo Fontán Rodríguez naceu en Porta do Conde, Portas, o 17 de abril de 1788, xoves, día de santo Aniceto, co Mundo e o Mundiño aos seus pés. O Mundo e o Mundiño son dúas pedras grandes que a rapazada teima en subir para dominalo. Ese mesmo ano, parte da intelectualidade española daba por finiquitado o Século das Luces, co publicación da Enciclopedia de Diderot e D´Alambert. Que equivocados estaban! O Mundo e o Mundiño son unha metáfora que percorre a novela iniciando case cada unha das oito partes en que se divide a novela –ben, a derradeira parte é só iso, unha reflexión co Mundo e o Mundiño de fondo, non ten capítulo ningún. De cativo, da súa educación leva as rédeas o cura párroco de Noia, Sebastián Rodríguez Blanco, tío materno, e mais o padre Douar, que fuxía das persecucións da Asemblea Revolucionaria, cun mapa do Finis Terrae entre as súas escasas pertenzas. Á idade de doce anos entra a estudar na Universidade de Santiago. Filosofía: Con 14 anos acadabao título. Era o inicio, despois estudaría lingua hebrea e a Biblia, Leis e Canons, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comeza a súa carrreira docente, substituíndo ao catedrático de Retórica e Belas Artes. Permanecerá vinculado á Universidade de Santiago durante boa parte da súa vida aínda que será mebro da Real Academia de Historia e director do Real Observatorio ( en condicións lamentábeis despois da francedsada) así como medalla da Orde de Carlos III e deputado en cortes en varias ocasións.
Mais, sobre calquera outra cousa, será un defensor da Razón e o Coñecemento, o cal o levará a sufrir varias depuracións por parte dos inimigos das Luces. Mesmo terá que ter coidado en que non confundan con algún afrancesado ou espía, e estará sempre baixo estreita vixilancia por parte dos autoritarios defensores da realeza e os seus privilexios. En 1817 comeza a súa Carta Xeométrica de Galicia, proxecto que leva a acabo con moi poucos medios mais cunha vontade férrea. 17 anos investirá na realización da súa magna obra, o primeiro mapa feito con criterios matemáticos en España, presentándolle o traballo á raíña rexente María Cristina e podendo imprimilo varios anos máis tarde en París- en España non había infaestrutura capaz de dar conta dun proxecto tan complexo- arriscando parte do custe do seu propio pecunio.
A novela de Marcos Calveiro é unha biografía novelada da vida de Domingo Fontán, escrita en 8 partes e cada unha dividida en capítulos moi breves, agás a derradeira que, como dixemos, non ten capítulo ningún. 243 páxinas. Mentamos o número porque é o IX Premio Repsol de Narrativa Breve. Un conflitivo galardón porque, onde está esa narrativa mínima? Na curtedade dos capítulos, que case parecen do premio que convoca un coñecido diario coruñés? Se consultamos as bases dise que os orixinais trerán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. De verdade caben as 243 páxinas en 120 folios mecanografados a dobre espazo? Para que serven as bases se despois o xurado non as observa?
ASDO.: Xosé M. Eyré, no día en que finou Xosé Fernández Ferrreiro.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.