ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Marzo, 2016

crítica de MOCIDADE ( Joseph Conrad, Huguin e Munin)

Posted: Martes, Marzo 29th, 2016 @ 6:25 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de MOCIDADE ( Joseph Conrad, Huguin e Munin)

ÉPICA MARIÑEIRA Á MOCIDADE Título: Mocidade Autor: Joseph Conrad / Traduce. Alejandro Tobar Editorial: Huguin e Munin Nado en Berdiczew ( actual Ucraína), a vida de Józef Teodor Konrad é coma unha inmensa novela da cal foi deitando bocados nesta ou naquela obra. Durante 16 anos da súa vida estivo ao servizo da Royal Navy […]

crítica de SON NOXENTO (María Xosé Queizán, Xerais)

Posted: Xoves, Marzo 17th, 2016 @ 9:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de SON NOXENTO (María Xosé Queizán, Xerais)

SUSO, O NOXENTO Título: Son noxento Autora; María Xosé Queizán Editorial: Xerais Suso é un noxento, el mesmo se define así, polo que se presupón que algún coñecemento de ética si debe ter, o que pasa é que, sinxelamente, non está polo labor de observala. Un noxento de categoría, non se queda no machismo de […]

crítica de HAI QUE MATALOS A TODOS (Héctor Carré, Xerais)

Posted: Martes, Marzo 8th, 2016 @ 7:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de HAI QUE MATALOS A TODOS (Héctor Carré, Xerais)

TENTATIVA DE BEST-SELLER Título: Hai que matalos a todos Autor: Héctor Carré Editorial: Xerais Refírese aos xornalistas. Toda a novela é unha intensa reflexión sobre o exercicio do xornalismo, cales son os seus límites éticos e o seu papel como regulador social facendo posíbel a existencia da democracia, pois non hai democracia sen o libre […]

crítica de CINCO HORAS CON MAURO (Pere Tobaruela, Embora Edicións)

Posted: Xoves, Marzo 3rd, 2016 @ 7:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de CINCO HORAS CON MAURO (Pere Tobaruela, Embora Edicións)

O PERIPLO DE MAURO Título: Cinco horas con Mauro Autor: Pere Tobaruela Editorial: Embora Mauro é un rapaz que sofre acoso escolar, buylling que se di agora, por parte duns abusóns, os Pes, de Pesadelos. Pedro, Paulo, Pemón e Pepeiño fanlle a vida imposíbel no colexio, obrigándoo a beber dos seus propios mexos, por exemplo. […]

crítica de LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS (Ramón Caride, Xerais)

Posted: Martes, Marzo 1st, 2016 @ 7:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 3 Comments »

REALISMO INCONDICIONAL Título: Liquidación de existencias Autor: Ramón Caride Editorial: Xerais Están nun libro, mais estas historias ben podían saír nun telexornal, en medios xornalísticos ou mesmo na realidade da nosa andaina vital. “Tan aterradoras, tan cómicas, tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo”, como ben di a presentación editorial do novo […]