ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2016

crítica de IZAN O DA SACA ( Xabier Quiroga, Xerais)

Posted: Luns, Maio 30th, 2016 @ 6:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 2 Comments »

NAZIS NA GALIZA Título: Izan o da saca Autor: Xabier Quiroga Editorial: Xerais “Se todos os feitos relatados neste libro fosen tirados da fantasía non quedarían verdades nos recunchos máis agochados da nosa historia” (11) Así conta a nota do autor que encabeza esta nova novela de Xabier Quiroga. É dicir, concíbese a novela como […]

crítica de CONTOS NERVIOSOS (Fran Alonso, Embora Edicións)

Posted: Luns, Maio 23rd, 2016 @ 6:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de CONTOS NERVIOSOS (Fran Alonso, Embora Edicións)

CONTOS CONTADOS Título: Contos nerviosos Autor: Fran Alonso Editorial: Embora Poucos agasallos mellores ca unha tarde de bos contos, que é o que nos ofrece Fran Alonso neste novo título: Contos nerviosos. A verdade é que de nerviosos non teñen nada, a non ser que sempre hai unha personaxe que resulta que a poñen dos […]

crítica de O ENIGMA DE CARONTE (Carlos Vila Sexto, Galaxia)

Posted: Luns, Maio 16th, 2016 @ 6:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O ENIGMA DE CARONTE (Carlos Vila Sexto, Galaxia)

UNHA AVENTURA PARA OS CINCO Título: O enigma de Caronte Autor: Carlos Vila Sexto Editorial: Galaxia Non, non nos referimos aos Famosos Cinco de Enid Blyton. Mais non cabe dúbida de que Carlos Vila Sexto, con este título, rende homenaxe á controvertida autora inglesa, tan odiada como amada e que para moitos lectores novos ten […]

crítica de O DESEXO ( VV. AA. , Caldeirón)

Posted: Xoves, Maio 12th, 2016 @ 5:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O DESEXO ( VV. AA. , Caldeirón)

O DESEXO. LIBRO ÚNICO Título: O desexo Autor: VV.AA Editorial. Caldeirón. Puido verse no Pazo da Cultura de Carballo, do 7 de abril ao 8 de maio, e posteriormente foi a Malpica, unha exposición pictórica a redor de Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro, acompañados por textos de Ramón Neto, Verónica Martínez, Lino Braxe, […]

crítica de A ROTURA DAS PAISAXES (Xesús Constela, Xerais)

Posted: Mércores, Maio 4th, 2016 @ 5:42 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 2 Comments »

ARREDOR DO CONCEPTO DE NOVELA Título: A rotura das paisaxes Autor: Xesús Constela Editorial: Xerais A día de hoxe, o cocepto de novela foi tantas veces contestado que case parece un atrevemento facelo de novo outra vez. Mais o mundo é dos que ousan, dos que se atreven e teñen a suficiente cualidade literaria como […]