ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de IZAN O DA SACA ( Xabier Quiroga, Xerais)

NAZIS NA GALIZA

Título: Izan o da saca

Autor: Xabier Quiroga

Editorial: Xerais

Se todos os feitos relatados neste libro fosen tirados da fantasía non quedarían verdades nos recunchos máis agochados da nosa historia” (11) Así conta a nota do autor que encabeza esta nova novela de Xabier Quiroga. É dicir, concíbese a novela como un terrritorio híbrido que alía fabulación  ou ficción e realidade histórica. De xeito que a ficción subsane eivas do estudo histórico, constrúense ficcións que ben puideron ser historia, nunha simbiose onde ambos coceptos se retroalimentan, achándose aquí un dos atractivos da novela: lémola coma unha mestura entre documento histórico e ficción que axuda a dar luz a aquelas pasaxes máis escuras. Precisamente a novela dispón dunhas “Notas informativas e bibliowebgráficas” no remate coa fin de que o lector poida acompñar a lectura de mateririais que lle axuden a discernir aquilo que é ficción do que non o é, comprobar como a ficcción e  anon ficción de alían para ofrecernos unha novela apaixonante, unha novela na que non todo é ficción, na que aparecen personaxes reais e feitos demostrábeis na historia.

                     O protagonista central da novela é Pepe Reina,Reiniña, un taxista amigo de ler que se herda desde a anterior Cabo do Mundo. A novela encétaa e remátaa “A casca”, vén envolta no que lle acontece ao Fiscal Superior de Xustiza que recibe un isterioso paquete no que vai a novela e unha serie de noticias sobre mortes sen aparente conexión. O que o lector le,é o que le o Fiscal Superior de Xustiza, unha trama confeccionada a partir e diferentes pezas narrativas que no remate adquiren toda lóxica e concordancia. Os capítulos d anovela vense complementados por “No escuro”, reflexións que non deixan de ter certo ar poético; as confresións de O Graciano, personaxe clave namemoria dos nazis na Galiza; e “Galiza, N.O. da península Ibérica, onde se dá conta  da purga no ensino por parte franquista así como da rapina posterior e o asentamento dos nazis na Ribeira Sacra. Todo isto vai complementando a investigación do Reiniña, contratado por un alto xerarca do Partido Popular para eliminar do pasado posíbeis vínculos indesexábeis posto que o seu nome se menciona na investigación dun historiador que aparece morto en circunstancias nada claras. A partir de aí, Reiniña irá xuntando as pezas necesarias para a confecciñon do puzzle. Esas pezas necesarias non só son críbeis ou verosímiles senón demostrábeis, de aí a información bibliowebgráfica do remate Aquí é onde xorde a ficcción en auxilio da Historia, pois mesturada con esas pezas históricas mestúrase algunha historia que é ficción mais ficción totoalmente verosímil. Como a historia de Armando, o mestre depurado, de Loliña (posterior dona Manolita), Víctor, Barrabás, Lelia… Mais o avión caído en Córneas, Vigo como estación de saída de nazis cara a ultramar, Frederik Wilhelm Cloos  , Walter Kutschmann , a “Ruta das Ratas” , Sofindus …son totalmente pedazos de historia perfectamente localizábeis.

                     Izan o da saca, fagan o favor de ler o título nun espello, é unha novela que percorre os tempos da Guerra Civil, 2ª Guerra Mundial e  posteriores deica chegar á actualidade, coma sempre nas novelas de Xabier Quiroga, a historia é un río cuxas ribeiras actuais se explican por como foron hai décadas, de xeito que tanto os indignados coma os preferentistas están presentes na fabulación. A traxedia que foron as guerras dá paso á traxedia que significou a depuración social e a violencia social non se resolve co paso do tempo senón que permanece aí como un asunto sen resolover. Igual ca unha deriva do Partido Popular cara a posicionamentos galeguistas que non deixa de ser un desideratum, sobre todo porque din unha cousa e  logo fan outra. Mais D. Manuel, quen contrata a Reiniña, ten motivos sobrados para preocuparse e o seu nome desde logo ten que estar vinculado ao estudo do nazismo na Ribeira Sacra, dilucidar iso é o que fai a  novela, é no que consiste a novela. Unha novela que primeiro trata o nazismo na Galiza para despois ir acurtando o alcance ao Mosteiro de Samos  ( cos seus corredores soterrados) e Pazo de Arxeriz de xeito que fica centrado na Ribeira Sacra, ao pé do Miño.

 

ASDO.: Xosé M. Eyré

2 Comments

  1. Raposo:

    Pois haberá que lelo, logo!

  2. xmeyre:

    Boa lectura!

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.