ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de AUGA A TRAVÉS (Dores Tembrás, Apiario)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 21 Setembro 2016 @ 5:48 p.m.

ASOLAGADOS

Tïtulo: Auga a través

Autora: Dores Tembrás

Editorial: Apirario

É absolutamente desolador ver como desaparece abixo as ugas o lugar onde medraches e fixeches vida deica entón. Os días afogados é un filme documental sobre o lugar de Aceredo, Ourense, asolagado para dar lugar ao encoro de Lindoso. Os habitantes nada puideron facer para salavar os seus fogares e as súas terras. Anos antes, sabendo que todo estaba a piques de perderse, Francisco Villalonga e outros veciños comezarona gravar coas súas cámaras domésticas. O resultado é un filme documental que convida á reflexión sobre os mecanismos con que actúa o poder, sobre a tensión entre o existencial e o político, entre o pasado e o presente. E para Dores Tembrás resultou un conxunto de impactantes imaxes que deron lugar ao poemario que agora presenta.

ti sabes

a rapiña da auga

ese frío encarnado nas meixelas

a aldea no asedio

                     Non hai máis remedio que concebir o feito como unha ferida.

a escrita sostida na ferida

sempre o manancial

que nutre palabras dosbedientes

unha non permite que cicatrice

                     Como unha fenda que non deixa cauterizar, até

discernir

coma nun instrumento

a altura que ansías

enxertar o poema

                     De súpeto, o que foi vida vólvese memoria asolagada, presente asolagado onde o pasado pervive como memoria dun tempo que xa non volverá ser senón auga.

porque estamos no noso sitio

ata que a  auga nos cegue

                     O tempo vólvese nada, un verbo inconxugábel.

metros cúbicos de nada

                     E o verso é frío, transido da violencia manancial.

pero se nos botan

hai que ir

                     Receptáculo dunha vontade sen fendas. O futuro que non tes máis remedio que encarar sabendo que deixas o pasado asolagado.

                     Esta Auga através lembra moito Tedempo ( Xosé Lois García). Salvando as distancias, que son moitas. O de Xosé Lois é un poemario que nace dunha seca que deixou o Miño no seu cauce natural, permitindo ver todo o que asolagou o encoro de Belesar. Mentres que este é sobre un asolagamento. Mais os dous reflexionan sobre un tempo sen futuro, o tempo que quedou no fondo das augas.

cando a auga era xa

máis ca certeza

a aldea muda

                     Un tempo sen volta atrás, estantío, como pasado eterno.

toda a resistencia

non permitirá que volvas

auga a través

por moitas luz

que deixaras prendida

                     Un feito, o do asolagamento, perante o que nada se pode facer. Ineludíbel.

fechar a porta con chave

para que non entre a auga

                     De mada serve. E a esperanza. Onde quedou a esperanza.

ten medida a esperanza?

 

non sabiamos

que esas pedras

as mans que as ergeuron

-metáforas mortas-

tiñan a última palabra

vinte anos despois

 

Xosé M. Eyré

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.