ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica de PERIFERIA ( Enzo Buonnora, Círculo Rojo)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 12 Outubro 2016 @ 7:19 p.m.

A REDOR, A SOIDADE

Título: Periferia

Autor: Enzo Buonnora

Editorial: Círculo Rojo

O poder da poesía como síntese humana, séntese na lectura deste poemario primeiro de Enzo Buonnora, no que se ispe diante se si mesmo e do verso, no eterno inverno que é a presenza do home neste mundo. O corpo nu, e  a redor a soidade, a redor a soidade mesmo nos momentos que alguén está con nós porque inevitabelmente despois estaremos sós, coma antes, expostos diante dun espello de palabras que, tratando de explicarnos, só nos describe. Unha boa dose de valentía e de sinceridade é o que cómpre para non afastar a vista dese espello tan pouco compracente que nos lanza de volta unha poesía existencial, pura análise da existencia como seres humanos.

                     Esta longa viaxe no tempo comeza nun “Arrabalde de silencio”, entre mazás príncipe e os represaliados de cada conflito, unha poesía narrativa con dadá exsangüe, onde maciñeira sucumbiu e as feridas na pel forman parte da voz narrativa,el, como escritor que dimensiona o poema na páxina pero taménos sabe facer breves e intensos, en todo caso queda alí, ali rexistarda a perda, porque cada relación é unha perda, invitabelmente unha nova historia e unha nova perda. Doce poemas antes d¨”As fronteiras do medo”, un longo poema no que amorea cargos contra si mesmo coa absurda esperanza de pulir a conciencia (25). Sempre existe aposibilidade da fuxida,pero esta só leva a unha traxectoria en espiral / que nos afasta do epicentro de todos os desexos (25). Habitamos nas fronteiras do medo, / agardando no soarego/ a que escampe (27). Ocultamos o rostro /nas certezas que delimitan/ un espazo ao noso redor (29). Ensimesmados, é duro  pensar/durante o camiño sen retorno que / sen chegar nuca ao éxtase, / resulta o suficientemente pracenteiro /como para manternos aletargados, / submisos, / cómodos, /como ausentes (30) Doémonos apenas como mecanismo / de resistencia  (32) UN londo poema que precisa un epílogo apegado ao cotián, como fórmula para atinxir certezas.

                     “Falamos” é un capítulo onde apoesía se volve prosa poética na súa maioría, un variado capítulo onde nin o sexo é satisfactorio, porque acabae  volevemso atoparnos na periferia do desexo, atendendo calquera son excepto aquel da miña propia voz (41), aínda que responde unha voz madura, conssecuente,  / liberándome de toda culpa (42), o tedio e  a soidade ameazan, ese sorriso previo á última despedida que nos volve deixar agardando, facendo acopio de toda  a sociabilidade, antes de volver á caverna dos meus desexos insatisfeitos, onde a soidade impera como o mandato da miña propia conciencia magoada(47) O cotián é insatisfactorio e nin o autopracer procura un descanso, un oasis, entre tanta indiferebza e soidade pregúntase para que serve a poesía, o finximento necesario preludio á poesía,  pero a verdadeira traxedia é non vivir e hai que seguir dando pasos adiante.

                     “Periferia”, malia dar nome ao poemario, é un pequeno capítulo narrativo, onde parece a compaixón como arma,a certeza de que un é moitos uns e a pregunta fundamental: como amar para que este amor sexa definitivo e non preludio da soidade?, e non se acha outra resposta que non sexa morrer todas as mortes porque non facelo é renunciar e a renucia non é posíbel ou desexábel.

                     Logo vén “Maianca” ( Maianka no índice) como territotio neutro, un novo territorio no que aventurarse, un rostro sen nome propio, mil veces definido porque nunca se acha definición defintiva, onde algúns poemas son en italiano, sen esa figura cínica / que tentou chorar polos mortos / tras fuxir do conflito (69), pero no que, á fin, ela vive sen min todos os clímax(71), así que Mainaca vólvese apenas un motivo para romper o silencio, un espazo comunicativo que pretende mantela ben dentro, un lugar onde vivir como se este fose o seu último instante xuntos, onde ela se recrea no medo dos seus medos, porque é sen as claves da ruta que se inicia a viaxe. Aínda que o poema tende a expresarse na páxina pode tamén ser tan breve como intenso pero iso non libra que Maianca sexa un territorio crepuscular, que existe porque a voz poética o pensa, malia todo, malia chegar por múltiples vías tamén é un lugar onde se  se perde pérdese todo, Maianca, ese desideratum, camiño de abstracción onde existo nestas pequenas mentiras, que sobreviven comigo, sen pertencerme (89)

                     O poemario remata con “Corenta aniversario”, que dá imaxe da fondura temporal destes versos que foron acumulándose no proceso que é o camiño da vida, onde volve á calor da amada vestido de cotián, poema descritivo, no que aquela calor é fuxidía, onde non se deixa de vivir nunha eterna despedida na que pasa as horas esperando, obstinándose nunha carreira / como sen-saída (99), co corpo magoado, se servise para algo / queimaría os restos que de home / quedan en min (101), pero nada evitará a soidade se non é a renuncia por completo: Non te procuro, / non te nomeo en cada figura, / forma ou silueta. / Acepto a miña voz roldando / a constelación de sinapses que delimitan / os meus propios actos, / sentíndome, por primeira vez, / enteiramente eu (108)

                     Boavinda a un novo poeta édito, dono dunha expresión contundente e introspectiva entre todos os cotiáns.

 

ASDO.: Xosé M. Eyré

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.