ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2016

crítica de A FERIDA DO VENTO ( Antón Riveiro Coello, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 28th, 2016 @ 7:38 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A FERIDA DO VENTO ( Antón Riveiro Coello, Galaxia)

HOMENAXE A VENTO FERIDO Título: A ferida do vento Autor: Antón Riveiro Coello Editorial: Galaxia No ano 2001, logo de presentaren en Santiago As rulas de Bakunin, houbo lugar a que Carlos Casares e Antón Riveiro Coello compatiran conversa a redor dos tolos. Carlos animouno a escribir un libro con todos eles, de feito que […]

crítica de A CANDIDATA ( Miguel Sande, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 21st, 2016 @ 7:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A CANDIDATA ( Miguel Sande, Galaxia)

NOVELA BREVE SOBRE A CRISE ECONÓMICA Título: A candidata Autor: Miguel Sande Editorial: Galaxia A literatura non é allea ao mundo en que vive. Pode que exista, e existe, un tipo de rexistro escapista, pura evasión, que non lle queda outra que ser testemuña do mundo por contraste, porque ás veces a realidade é tan […]

crítica de O CUARTO DAS ABELLAS (Antía Otero, Xerais)

Posted: Mércores, Decembro 14th, 2016 @ 7:42 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O CUARTO DAS ABELLAS (Antía Otero, Xerais)

A ABELLA COMO SÍMBOLO DA VIDA Tïtulo: O cuarto das abellas Autora: Antía Otero Editorial: Xerais Dise que a sorte da humanidade está ligada ao futuro que as abellas teñan, o día que as abellas desaparezan desparecerá a humanidade. Nun mundo que está en constante mutación, non está mal lembrar isto se queremos ter futuro. […]

crítica de O INSPECTOR E MAIS EU (Ignacio Vidal Portabales, Xerais)

Posted: Mércores, Decembro 7th, 2016 @ 7:34 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O INSPECTOR E MAIS EU (Ignacio Vidal Portabales, Xerais)

UNHA NOVELA QUE VALE POR DÚAS Título: O inspector e mais eu Autor: Ignacio Vidal Portabales Editorial: Xerais A desta semana é unha desas novelas que, cando a les, conclúes que valeu por dúas porque é coma se o discurso resultado final fose como a adición de dúas tramas. Neste caso a historia de Sandra […]