ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de SEGREDOS DE BRETAÑA (Carlos G. Reigosa, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 26 Xaneiro 2017 @ 9:33 p.m.

Velaquí unha escolma dos subliñados que fun facendo  mentres lía a novela de Carlos G. Reigosa. Para gozar.

…xa os vía como encarnacións de personaxes literarios de Herman Melville, Joseph Conrad, Xulio Verne, Jack London, Emilio Salgari ou Pío Baroja. (11)

………………………………………………………………………………………………

-Aquí o que hai son cousas que non sabemos contar, iso si. Misterios. (33)

…………………………………………………………………………………………………

-O inferno está neste mundo. Construí,olo cada día. Abonda con ler os xornais ou ver a televisión para darse conta. Pero o esquecemento l-ibranos del, ponnos a salvo (35)

…………………………………………………………………………………………………

-Un home culto non é o que le moitos libros, senón o que entende os que le e sabe da vida. (36)

…………………………………………………………………………………………………

-Si.Iso é o que chaman a paz dos cemiterios, non? (58)

…………………………………………………………………………………………………

Cando o silencio crece e se impón dunha forma tan unánime sempre épara tapar algo gordo (74)

…………………………………………………………………………………………………

-Non, aquí o que non entendemos esquecémolo moi pronto. (77)

…………………………………………………………………………………………………

O que ía suceder no seu libro xa estaba a suceder na realidade, aínda que el ignorase o que era, de que se trataba (189)

…………………………………………………………………………………………………

Un pasa a vida crendo no futuro, pero en realidade o único futuro que temos é o presente. (207)

…………………………………………………………………………………………………

Pero non esquezas o que dixo Séneca : “ nada se parece tanto á inxustiza como a xustiza serodia” (220)

…………………………………………………………………………………………………

A nós a realidades ó mos serve para ter que inventar algo que a explique. (233)

………………………………………………………………………………………………

…o esencial é inventar, inventar ben (234)

…o que ocorre nas novelas é sempre moi inferior ao que sucede na realidade(235)

…………………………………………………………………………………………………

Non queremos que nos conte a nosa historia. Queremos que nola invente. (247)

…………………………………………………………………………………………………

…alí era moito maior a realidade sepultada que a descuberta…    (262)

…………………………………………………………………………………………………

….a súa amada Bretaña do Sur nonn logrará romper o maleficio da súa Historia nin incorporarse ao progreso e á modernidade se antes non afronta as súas realidades e esixe xustiza. (271)

…………………………………………………………………………………………………

…trátase de inventar a historia que desexamos que o noso pobo asuma como propia (274)

…………………………………………………………………………………………………

…teñen que deixar de inventar historias porque iso só beneficia os asasinos. (278)

…………………………………………………………………………………………………

Mil posibilidades bailaban na súa cabeza unha estraña danza de preguntas saltimbanquis para as que non tiña respostas, só insomnios (326)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.