ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

no DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CARA ADIANTE — 21 Marzo 2017 @ 7:08 p.m.

a poesía é o gran milagre do mundo. E non viu estes tempos e canta razón tiña Luís îmentel. A poesía é o gran milagre do mundo no que reinan políticos corruptos, políticos nefastos, unha grade caste de políticos pallaso para facer chorar, a poesía é o gran milagre o do mundo, do mundo das aparencias, do mundo  do ego superlativo, do mundo no que es o que vales, a poesía é o gran milagre do mundo, dun mundo no que as guerras se fan por intereses económicos, do mundo no que as fronteiras se fan por intereses económicos, do mundo no que a fame subsiste por intereses económicos, que hei dicir eu neste mundo?, aínda existe a poesía, a poesía é o gran milagre do mundo, aínda hai quen le poesía, aínda hai quen escribe poesía, nas ás do vento, ese vento ferido de nostalxias e e eguas preñadas de futuro, no tempo da comida lixo, da comida rápida, da fast food, aínda hai interesad@s en alimentar a alma, aínda hai almas que soñan un gran milagre, e modulan pedras, riscan no papel, compoñen sinfonías verbais, hai quen di que son pouc@s @s poetas, e é certo, deberían ser moit@s máis, ninguén debería deixar de ser poeta, tod@s deberiamos ser poetas, vivir como poetas, agarrados aos nexos do imposíbel, soñantes dun ser humano verdadeiramente humano, dun mundo de irmáns

cómpre ser poeta para soñalo, cómpre soñalo para aspirar a el, cómpre aspirar a el para loitar por el

porque hai que saber polo que se loita

@ poeta non se vai facer ric@ escribindo poesía

e gasta o seu tempo en escribir poesía

interésanlle outras cousas ademais de vil metal

interésalle o ser humano en todo o complexo e complicado que é

porque hai que saber polo que se loita

por iso a poesía é o gran milagre do mundo

porque aínda nos permite ser human@s

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.