ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Abril, 2017

subliñados de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Embora)

Posted: Xoves, Abril 27th, 2017 @ 6:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Embora)

O Elixio, o Sindo, o Vicente e o Ramón. Os catro son parte da paisaxe da tenda-taberna. Acoden xuntos e son compañeiros de naipes hai anos (13). …………………………….. Os compadres sábeno ben. Ándanlle dando a leria onde máis doe, buscándolle as cóxegas. Como que son vellos, máis ca el; e, coa idade, dálles por criticar. […]

crítica de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Edicións Embora)

Posted: Mércores, Abril 26th, 2017 @ 6:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de TERRA QUEIMADA (Ramón Caride, Edicións Embora)

NOVELA BREVE E INTENSA SOBRE OS LUMES Título: Terra queimada Autor: Ramón Caride Editorial: Embora A literatura, por activa ou por pasiva, debe ter sempre como referente a sociedade na que agroma. Neste caso, coa seca que estamos a padecer, que xa fixo aparecer os primeiros lumes, non pode vir máis ao caso a nova […]

subliñados de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN ( Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Posted: Xoves, Abril 20th, 2017 @ 8:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN ( Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Todos os salientados son do autor. Á hora de escoller a lingua en que falarlles poden xurdir dúbidas sobre o que é mellor para eles, que aprendan só unha lingua ou varios idiomas?, ou, no caso de optar por varios, cantos?, cales?, como? (7) ……………………………. Teño observado que algún galegos perciben a lingua como un […]

crítica de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Posted: Mércores, Abril 19th, 2017 @ 6:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN (Manuel Núñez Singala, Galaxia)

EN DEFENSA DO BILINGÜÍSMO Título: Sacar a lingua é de mala educación Autor: Manuel Núñez Singala Editorial: Galaxia Pode parecer mentira mais vivimos nun país privilexiado pola coexistencia de dúas linguas, algo que non poden dicir en Madrid, por exemplo. E pode que nese sentimento de inferioridade tan no fondo estea a razón dos contínuos […]

subliñados de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA (VV.AA. XERAIS)

Posted: Xoves, Abril 13th, 2017 @ 6:08 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA (VV.AA. XERAIS)

Nesta ocasión, para os nosos subliñados escollemos unha fórmula equitativa cos autores, seleccionar un de cada autor ou autora. ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO Se Xesús Cristo predicase que só era fillo do Xefe,o segundo de a bordo, quizais non padecería o martirio da crucifixión (12). ……………………………. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO Aló arriba, suspendidos no equilibrio da […]

crítica de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA (VV.AA., XERAIS)

Posted: Mércores, Abril 12th, 2017 @ 6:27 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA (VV.AA., XERAIS)

ESCRITORES GALEGOS POLO AFORISMO Título: Os aforismos do riso futurista. Autores galegos polo aforismo Autor: VV.AA. / Coordinan: Francisco Pillado e Xavier Seoane Editorial: Xerais Hoxe toca falar dunha desas boas ideas de carácter editorial que, de cando en cando, xorden no noso país. Neste caso, Francisco Pillado e Xavier Seoane lanzaron un convite para […]

subliñados de OS TRES DE NUNCA (Nacho Taibo, Xerais)

Posted: Xoves, Abril 6th, 2017 @ 6:00 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de OS TRES DE NUNCA (Nacho Taibo, Xerais)

Velaquí os subliñados que fun facendo mentres lía. Todos, absolutamente todos os salientados son do autor. (…) o fidalguiño amábel era o Milorde, ao gordísimo oficinista Teocracio dicíalle, evidente se fai, o Bocoi, e o meu proletario anarquizante e lanzal que quere erguer un mundo mellor para todas, este Lisardo de Cariño vén sendo o […]

crítica de OS TRES DE NUNCA (Nacho Taibo, Xerais)

Posted: Mércores, Abril 5th, 2017 @ 6:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 2 Comments »

HOMENAXE A CASTELAO Título: Os tres de nunca Autor: Nacho Taibo Editorial: Xerais Hai novelas difíciles de clasificar, Nacho Taibo escribiu unha delas. De primeiras é unha homenaxe ao Castelao de Os dous de sempre, desde o mesmo título, inclusive unha das personaxes se parece moito ao Pedriño, mais esta é unha novela longa, adulta, […]