ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de OS TRES DE NUNCA (Nacho Taibo, Xerais)

Velaquí os subliñados que fun facendo mentres lía. Todos, absolutamente todos os salientados son do autor.

(…) o fidalguiño amábel era o Milorde, ao gordísimo oficinista Teocracio dicíalle, evidente se fai, o Bocoi, e o meu proletario anarquizante e lanzal que quere erguer un mundo mellor para todas, este Lisardo de Cariño vén sendo o Patacón, e mais iso  non sei por que, que non lle vexo explicación (19).

……………………………………….

Leo, cociño, escribo e  sobre todo penso. Que non medito, a meditar non chego (23).

………………………………………

Como se algunha vez chegase eu a algo dentro de (34).

……………………………………..

-Este mesmo señor Castelao fixo unha novela que nin a Luís Huici aburre, a delicada historia Os dous de sempre , que non relata nada parecido ao dueto Paco Miguel-Huici, pois os de Castelao sobresaen xusto polo agudo contraste das moitas diferenzas que gardan entre si (65).

………………………………………

Correr, moito non corría, que o volumen non llo consentía. Luzbel corre ben a liña para centrar sobre a meta. Máis que correr á casa camiñaba lixeiro, e xa antes de chegar ao Campo de Marte comezou a repetirse “ eu non son un rojo,non son un rojo “ (83).

………………………………………

O brigadeiro Caridad, comandante militar da cidade ao mando da brigada de infantaría nº 15, recibiu o sábado un telegrama de Queipo de Llano, domingo chamouno o xeneral Mula (89).

………………………………………

Nós:mentres o mundo exterior estaba derrubarse a cachos a arruinar as almas consumir os corpos suprimir malvender o inventario da bondade afogar todo o harmónico, a nosa irmandade (Malafada Estropercio Sigurniña Epifanio Tremendade Espermo e Zoraida) recibiu os dous ( 107).

……………………………………….

-Nós somos o triplo A : Acisclo, Afasio e Abúlico.

-Como jabatos. Quixotes. Como Quixotes jabatos (120).

………………………………………

Pois dáte logo por finalmente informado, ben sabido,enumerado. Sabe ben, logo, sabe logo ben que eu.te.teño.ao.meu. Cargo. Na túa garda estou, gústeche ou non, es ti a responsabilidade miña. Son eu o teu. Responsábel (140).

………………………………………

-Pois así, amigo, mercé a vostede xa teño catro, que son as Follas novas, os Santos Evanxeos,  este que se chama…-miroulle por primeira vez a capa-…Ilíada, e mais o Código Ce Vil, que é o peor de entender (255).

……………………………………

Ao fin e ao cabo, a economía é a ciencia que prevé con absoluta precisión o pasado (269).

……………………………………

(…) claro e relucente me quedou que o mariño, belga, paréceme, é absolutamente contrario ao Glorioso Muvemionto Nanchonal do carallo (274)

…………………………………..

E agora que estou só comigo mesmo e con máis ninguén pregúntome de onde me virá tal intuición, porque me chegou este don de entender algunas veces o que pensan os que teño diante e miran para min (285).

…………………………………..

-Xa vexo que tes gana de casar coa túa estraperlista, que andabas a buscar un pretexto. A Extra Perla. Ha, ha, ha…Si: é unha orde (302).

…………………………………

O mesmo día volveu contra a parede a estampa que tiñan pendurada na parede, só porque o pé explicativo escribía: “ Galaicos bailando la molinera ante el echahumero” (318).

…………………………………

(…) mentres atende coidadísimo e solícito as súas obrigas no Seminario Maior de Ferrol, do Codillo, onde imparte a disciplina Teoloxía Industrial e algunha outra de que lembro mal o nome (325-326).

…………………………………

(…) co obxectivo preconcibido de demostrar  “as íntimas relacións entre marxismo e inferioridade mental : a comprobación das nosas hipóteses ten enorme trascendencia político-social, pois se militan no marxismo de preferencia psicópatas antisociais, como é a nosa idea,a segregación destes suxeitos desde a infancia podería liberar a  sociedade dunha praga tan terríbel “ (335).

………………………………..

The Brutish Empire. Ningunha outra cousa. Cando a función acabe, máis nada. Nada para ti. Só o silencio. Esquecemento apenas (352).

………………………………

A Milord Sánchez de Taibo encomendáraselle analizar enteira, abosultamente toda a información que chegaba ao Imperio Brutánico se tiña algo que ver cos sucesivos gobernos de Franco verbo da guerra en proceso (357.)

…………………………………

O resultado era que agora os  Brutish confiban razoabelmente no Br.-Iso. S. de Taibo (a) Gandolo: plenamente nuca, que nin sequera era cidadán británico (369).

………………………………

Xusto cando o intelectual supremo daquel partido, que partido non se debía chamar, Jiménez Caballero pedía para el a virilidade suprema,, que non fose la Falange: El Falanjo (378).

……………………………..

No tren pasaba case todo o tempo durmido, perfecta imaxe do home que viaxa para ilustrarse (394).

…………………………….

Algo hai que lle facer. E, quen sabe?, chi lo sa, chi sa? Quizá?; se cadra serei eu o único que poida (449).

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.