ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de OS AFORISMOS DO RISO FUTURISTA (VV.AA. XERAIS)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 13 Abril 2017 @ 6:08 p.m.

Nesta ocasión, para os nosos subliñados escollemos unha fórmula equitativa cos autores, seleccionar un de cada autor ou autora.

ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO

Se Xesús Cristo predicase que só era fillo do Xefe,o segundo de a bordo, quizais non padecería o martirio da crucifixión (12).

…………………………….

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO

Aló arriba, suspendidos no equilibrio da avidez furiosa, viven os poderosos, seres noxentos e ridículos (14).

……………………………

VICENTE ARAGUAS

Os aforismos de puro libérrimo non se poden aforar. Terán de ser, pois, desaforados. Se non, non (17).

……………………………

FERMÍN BOUZA

Se agardas por ti mesmo nunca darás chegado (20).

……………………………..

LINO BRAXE

As ideas son o mellor amigo das ideoloxías, e as ideoloxías o peor inimigo das ideas (23).

……………………………..

TUCHO CALVO

Os ceos non existen.Impideos a exclusión dos que aspiran á felicidade con metas diferentes. Os soños de felicidade están na tolerancia e o respecto (25).

……………………………..

RAMÓN CARIDE OGANDO

O problema da opinión pública

é que adoita ser privada (26)

………………………………..

FINA CASALDERREY

Levan pontes as riadas, cando non se fan con  palabras.

……………………………….

MARTA DACOSTA

Escribir é como colocar espellos en que descubrirnos e recoñecernos. Identificarnos (32).

LOIS DIÉGUEZ

Cromosomas. Cromosomos.

Cromosumas. Cromosemas.

Cromosimas. Cromosimios (38).

……………………………….

F.X. FERNÁNDEZ NAVAL

ESCALEIRA

Polo si ou polo non dubidamos

Polosi ou polo non case sempre perdemos (39)

…………………………………

ALFREDO FERREIRO

A audacia é a supérflua genialidade do nosso tempo (41),

……………………………….

MANUEL FORCADELA

SEMÁNTICA

O malo (ou o  bo) do azar é que non quere dicir nada. Significa sen vontade (43).

…………………………….

XOSÉ LOIS GARCÍA

A vida é unha curiosidade do azar (45).

………………………………

XAVIER LAMA

Se o tempo fose ouro, o mundo estaría cheo de xoierías de saldo (50).

………………………………

RAFAEL LEMA

O poeta que non escribe é un ser enfermo, cheo dunha vida que espera xurdir en arrebato (53).

……………………………

ARCADIO LÓPEZ CASANOVA

Quen moita présa leva

nunca chega (57).

……………………………

XOSÉ MARÍA MONTERROSO DEVESA

Quanto daño fixeron e seguen a fazer as religions (fora alguns supostos benefícios pedagógicos)! (63)

…………………………..

ALEXANDRE NERIUM

Vicir cara ó salitre, esa dozura (69):

…………………………..

ISIDRO NOVO

O narrador debe aspirar a velo todo; o poeta, a ver o que ninguén ve (70).

…………………………..

OLGA PATIÑO NOGUEIRA

Non hai nada que ilumine tanto como o encontró co outro (71).

…………………………..

ÁNXELES PENAS

Non se pode roubar a luz do sol, por iso Ícaro perdeu as ás  (74).

…………………………..

MANUEL PEREIRA VALCÁRCEL

Amorte é un feito illado. Afortunadamente (77).

………………………….

GUSTAVO PERNAS

A gravata é unha soga elegante que nos ata á rutina (82)

………………………….

FRANCISCO PILLADO

O sistema inmunolóxico non reacciona diante dos parvos (83).

…………………………

CÉSAR PORTELA

As boas accións non cotizan en bolsa ( 86).

………………………..

XAVIER QUEIPO

A nostalxia é mala compañeira, idealiza o pasado, ensombrece o presente e dificulta o futuro (91).

…………………………

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

Matar pola patria: honra; matar en nome propio: crime (96).

………………………..

XESÚS RÁBADE PAREDES

Cada pouco, a conciencia debe ser sacudida, como o medo, para que non se oxide (97).

………………………..

HENRIQUE RABUÑAL

Descifra a poesía que hai en ti e tradúcea a versos sinceros. O escritor, aínda sen público, é un servidor público (102)

……………………………

BALDO RAMOS

Un país con tantos poetas obríganos a medir moito as

nosas palabras.

mesmo cando calamos (107)

……………………………..

CARLOS REIGOSA

Amigo, fai cousas provisionais e deixa as definitivas para os deuses (110).

…………………………….

X. H. RIVADULLA CORCÓN

Se naces xunto ao mar o seu rumor será o teu rumor ou serás xordo ao teu propio son (113).

………………………….

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

Gústanos teorizar sobre a integración das artes porque cando nos amamos témolas todas integradas en nós (121).

…………………………

MIGUEL SANDE

Só hai vida e morte, o demais son adxectivos (124)

…………………………

XAVIER SEOANE

Non gastes toda  enerxía no berro, porque precisarás moita cando se faga o silencio (125)

………………………..

SIRO LÓPEZ

TEMPO

Confirmado: o tempo non ten orellas (129).

…………………………

NACHO TAIBO

Hai moito que son disléxico: quero escribir magnate e sempre me saemangante (134)

………………………..

DORES TEMBRÁS

desexo

 

atopar o instante no que

o pensamento colapsa a acción (139)

…………………………

RAMIRO TORRES

O labor certo de qualquer arquitectura é levatra as paredes para fecundar o assombro (140)

………………………..

XULIO VALCÁRCEL

Pénsase eterna a pedra, e será area ( 142).

…………………………

XOSÉ VÁQUEZ CEREIXO

Se nada coñeces, nada has dubidar ( 145)

………………………..

XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

o corpo non pode e a terra non cansa (147)

…………………………

EVA VEIGA

Só posuímos en realidade o que perdemos ( 148).

…………………………..

FIDEL VIDAL

Se queres adiantar un tema, é dicir, ser un adiantado, non tires polo atallo: perderás os albores e as regalías ods arredores ( 149).

……………………………

HELENA VILLAR JANEIRO

A caridade é humana, pero humilla. A xustiza éo máis, pois dignifica (153)

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.