ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN ( Manuel Núñez Singala, Galaxia)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 20 Abril 2017 @ 8:28 p.m.

Todos os salientados son do autor.

Á hora de escoller a lingua en que falarlles poden xurdir dúbidas sobre o que é mellor para eles, que aprendan só unha lingua ou varios idiomas?, ou, no caso de optar por varios, cantos?, cales?, como? (7)

…………………………….

Teño observado que algún galegos perciben a lingua como un lastre (…) pero teño o firme convencemento de que se trata dunha equivocación. Porque non falar galego é furtárllelo aos fillos (7)

……………………………

Vivir nunha terra que nos ofrece o privilexio de permitirnos, a cambio dunha mínima curiosidade, ser competentes en dous idiomas é unha vantaxe que case nunca valoramos como deberíamos (15).

…………………………..

O censurable comportamento dos docentes era o reflexo dun ambiente de represión sobre a lingua galega que todos coñecemos e que está abondosamente documentado en leis, ordes e decretos da época (15)

…………………………….

(…) escoller o 50 por cento cando é posible quedar co 100 non resulta moi intelixente (17).

……………………………

(…) a mellor elección, en cuestión de linguas,  é non escoller. Porque opción neste caso implica renuncia, e non deberíamos renunciar a nada (23).

…………………………..

A capacidade de aprender dos seres humanos é extraordinaria (…) porque somos seres curiosos e moi aptos para adquirir coñecementos e dominar novas habilidades (26)

…………………………..

(…) hai moitos científicos e pensadores que concordan na probabilidade de que na evolución triunfasen os cerebros que fosen máis aptos para a aprendizaxe (28).

…………………………

En efecto, canto máis saibamos máis cousas poderemos aprender e canto máis aprendamos máis saberemos (28).

…………………………

Ignoramos que a aprendizaxe de idiomas nos nenos segue uns patróns completamente diferentes ao que ocorre nos adultos (29)

……………………….

Está demostrado que calquera neno san pode aprender sen aparente esforzo dúas, tres ou máis linguas de maneira simultánea, sempre que estea exposto a elas dende a  súa infancia e reciba os estímulos adecuados, sobre todo se os pais empregan e valoran as linguas que desexan que adquira o pequeno (29).

……………………….

(…) falar dende a infancia dúas ou máis lingua é simplemente un feito moito máis común do que nos poida parecer. Debemos ter presente que unha parte importantísima da humanidade é bilingüe ou trilingüe dende o inicio (30)

………………………

Vimos preparados “de serie “ para facerlle fronte ao reto da aprendizaxe lingüística e  posuímos unha mente marabillosamente adaptada para facer fronte a este desafío (30).

……………………..

O cerebro dun neno pequeno é, por tanto, un dispendio de capacidade(32).

……………………..

Unha exposición a  diversas linguas pode xogar un papel clave no número e densidade de conexións neuronais que o pequeno vaia establecer xa que existen evidencias de que a experiencia moldea o desenvolvemento antómico e os circuítos neuronais dos cerebros dos bebés (35).

………………………

(…) o manexo de varias linguas xera unha maior actividade cognitiva e tamén maiores recursos neurofuncionais, o que lles proporciona a estes nenos unha mellora das función cerebrais (36).

………………………

(…) cando se trata de linguas separadas por unha gran distancia, o galego e o chinés, por exemplo, resulta especialmente beneficioso para a creatividade e para flexibilidade mental (…) e cando se trata de linguas máis próximas (..) os beneficios céntranse nun reforzo da capacidade de atención (37)

……………………….

A aprendizaxe aliméntase sobre todo da propia aprendizaxe (37).

………………………

Non se trata de que o saber non ocupe lugar, é que en realidade o saber crea lugar (38).

……………………..

(…) é o saber o que fai  grande a intelixencia (38).

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)