ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Maio, 2017

crítica de SAPOS E SEREAS (Ana Cabaleiro, Galaxia)

Posted: Mércores, Maio 31st, 2017 @ 8:23 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

RELACIÓNS DE PARELLA Título: Sapos e Sereas Autora: Ana Cabaleiro Editorial: Galaxia Lonxe fican os tempos en que as relacións de parella era para sempre na maioría dos casos. Parece coma se a diferenza de caracteres se agudizara co paso do tempo e agora a xente sexa máis inflexíbel coas feblezas do outro ou da […]

subliñados de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais)

Posted: Xoves, Maio 25th, 2017 @ 5:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Unha pinga solitaria a acariña a súa tempa dereita e axiña lle escapa pola meixela abaixo, primeiro  arre e logo xo. Bris arrepía (21). ………………………… Debruzado na ventá do seu lar, Forca cavila no que convén facer. Acaba de ver as rapazas escapulirse do poboado, promontorio arriba. Primeiro Leta e despois Cances, unha tras os […]

crítica de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais)

Posted: Mércores, Maio 24th, 2017 @ 5:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

NOVELA PREHISTÓRICA Título: Norteáns Autora: Mar Guerra Editorial: Xerais Despois da serie de Xenaro (Xenaro e o misterio da mochila verde, 2008; Xenaro e  a hucha do indiano, 2010; Xenaro e  a negra sombra, 2015; todos eles en Xerais) e a novela Señor Meco (tamén en Xerais), Mar Guerra deixa a colección Merlín para pasarse […]

5 exemplos de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Posted: Xoves, Maio 18th, 2017 @ 8:34 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en 5 exemplos de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Escollidos entre os máis curtos, aí van cinco exemplos do que se pode atopar no libro de Emma Pedreira. SEARCHING Espelliño, espelliño, quen é a máis bela do reino? E Google devolveulle 5.369.014 resultados (19) ……………………………. NECROLÓXICA Dóennos todos os órganos oa facer público o óbito da nosa esdrúxula poeta. De técnica ácrata e única, […]

crítica de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Posted: Mércores, Maio 17th, 2017 @ 6:01 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

OS MISTERIOS DA ESCRITA Título: Bibliópatas e fobólogos Autora: Emma Pedreira Editorial: Galaxia Non os imos descubrir nós, escapa ás nosas capacidades, nin sequera dar razón de quen o fixera, pois a súa natureza sempre foi esquiva e nada dada a revelarse en uniformidade de criterio. Cada escritor ou cada lector que sexa inquirido sobre […]

subliñados de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

Posted: Xoves, Maio 11th, 2017 @ 8:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

A morte sempre chega sen agardala. Nin o suicidas saben cando vai vir (12). …………………………… (…) e quedan cinco viúvas, os da miña casa, dous vellos, e os da Cruz, que están como están, meus pobres (14). …………………………. A vida é algo sen orde (15). ………………………… É mellor o malo ca o peor (22). ……………………….. […]

crítica de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

Posted: Mércores, Maio 10th, 2017 @ 5:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

HOMENAXE AO PAI Título: A morte do meu pai Autor: Afonso Eiré Editorial: Hércules Ediciones A literatura é territorio emocional. Non é este o aspecto máis estudado pola crítica, certamente, que tende a antepoñer o reflexivo sobre o emocional. Porén ambos e dous poden darse ao mesmo tempo, é máis: afirmamos que acontecen paralelalemente a […]

subliñados de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Posted: Luns, Maio 8th, 2017 @ 8:11 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Tiñan que saír o pasado día 4, mais un entropezo meu impediuno. Van agora. O cadáver que dispuñan para entrar no crematorio era o meu. Leron ben, o cadáver de quen escribe(9). …………………………. Cría nunha televisión comprometida, idea en absoluto disparatada considerando que, na que eu me desenvolvía, era pública (11). ……………………….. De certo eran […]

crítica de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Posted: Mércores, Maio 3rd, 2017 @ 6:31 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

THRILLER SOBRE A TRANSICIÓN Título: Blues para Moraima Autor: Miguel Anxo Fernández Editorial: Galaxia Se hai unha época escura, sobre a que se impuxo unha versión oficial e calquera outra interpretación fica arquivada no desprezo, esa é a transición do franquismo á democracia. Un lembra como se propagou aquilo de “ pacífico exemplo para o […]