ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de BLUES PARA MORAIMA (Miguel Anxo Fernández, Galaxia)

Tiñan que saír o pasado día 4, mais un entropezo meu impediuno. Van agora.

O cadáver que dispuñan para entrar no crematorio era o meu. Leron ben, o cadáver de quen escribe(9).

………………………….

Cría nunha televisión comprometida, idea en absoluto disparatada considerando que, na que eu me desenvolvía, era pública (11).

………………………..

De certo eran unha banda enquistada no poder e temerosos de que lles estragasen os seus privilexios gañados á conta de falcatruadas (11)

……………………….

Sobre a andaina anterior á ditadura tiñamos moi poucos datos ou mesmo confusos (22)

………………………..

O comunicado referíase a Afonso com un ilustre intelectual que retornaba do seu exilio, seica voluntario, para recibir unha merecida e inaprazable homenaxe (32-33).

……………………….

Por iso o meu xefe chumbaba dos pés. Non fose que lle sinalasen a porta (39).

……………………….

Tiña o porte elegante e o paso lento pero seguro de quen apurara a vida con intensidade (47):
……………………….

Por iso buscaban a via por outros métodos máis relacionados co peto que co servizo público, e actuaban cunha vergoñenta impunidade (56).

……………………….

Eran as mulleres da casa, a únicas moradoras, e ambas espertaran co sobresalto daquelas petadas. Se ocorrese algo, careacían de home que as acudise(105).

………………………

Na curta xeira naquelas aulas, asentei nas miñas conviccións e comecei a madureza na idea  do cine como ferramenta co que mudar a  sociedade (109).

………………………

-Pensa ben no risco da barafunda que se montará, e matina ata onde poderás resistir,porque irán por ti, pois teñen en xogo moito máis que o poder. Xógano todo  (135).

………………………

Nunca tal fixera, pero o medo é libre e non son ningún superman (157).

……………………

-Gárdate, van por ti –comezou a largar, aínda frenético, pero sen erguer a voz.

Pareino.

-Que merda dis?

Fixo coma se non escoitase e seguiu.

-Arriscan moito e molestas (175).

…………………….

Na filmación que encargamos, e polo que me contaron, o meu funeral transcorreu como lles conto (199).

……………………..

Era ben coñecida a súa lixeireza para fulminar os discrepantes e ninguén se arriscaba a amosar en público o desacordo pola súa persoa, que implicaba o cesamento ipso facto para ocupar algún cargo ou poñerse no albo dos medios afíns ao poder para ser crucificado con saña (211-212).

……………………

A base do seu argumentario, filtrado desde os medios próximos, mantíñase en denunciar que aquelas reportaxes só eran unha restra de calumnias vertidaspor un demente suicidado polo peso da súa propia mentira (231).

…………………..

A participación na malleira a Moraima, coas súas terribles consecuencias, malia ser delito prescrito por acontecer tanto tempo atrás, xa bastara para garantirlle a condena moral da sociedade (240).

…………………….

Foi esa unha das morais confirmadas: a memoria, ademais de teimuda, sempre retorna (250).

…………………..

TODOS OS SALIENTADOS SON DO AUTOR

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.