ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de A MORTE DO MEU PAI (Afonso Eiré, Hércules Ediciones)

A morte sempre chega sen agardala. Nin o suicidas saben cando vai vir (12).

……………………………

(…) e quedan cinco viúvas, os da miña casa, dous vellos, e os da Cruz, que están como están, meus pobres (14).

………………………….

A vida é algo sen orde (15).

…………………………

É mellor o malo ca o peor (22).

………………………..

Nunca lle escoitei dicir que que a comida ou a bebida ocultaban as penas, pero si que, tomar decisións, razoar con competencia, non se pode facer co estómago baleiro (24)

……………………….

“ O que non loita nunca gaña. O que loita xa está a vencer. O medo é o inimigo máis malo que pode ter un home…”Esas e outras frases repetiumas moitas veces durante a súa vida (25).

……………………….

As lembranzas devólvenlle a un os días mortos e as persoas finadas (48).

……………………….

Pois a morte, dígome, é un proceso continuo, non é só cando enterramos unha persoa. Ise só é o último momento. Hai persoas vellas que morren mozas e horas que transcorren en segundos (50).

………………………

As verbas non dan sacado aínda toda a pena e a incerteza que levo dentro e as bágoas axudan a limpar a mente, o espírito, pois seica son a mellor lavativa da alma (52).

………………………

Fala, meu pai, fala. A túa fala é sagrada. Es un home libre. Ninguén pode xa destruír a túa liberdade. Esquece as túas doenzas e fala, Fálame, meu pai, fálame (59).

……………………..

Como  tanto me ten estar nun lado coma noutro, vou para sala de garda das operación como quen vai para un salón de lectura. Alí atópome con outros coñecidos que tamén están á espreita de que rematen os  médicos a faena cos seus e veñan informalos (67).

………………………

Hoxe non estou xa a medir o tempo, senón a medir a vida (68).

……………………..

Outra das cousas coas que goza o Xavieriño e con facer as cousas que os demais, aos seus anos, xa non poden realizar (76).

……………………..

Un lugar sen xente nova non é un lugar (77).

…………………….

A tristura e a soidade moito matan, demo que as parta! (82).

…………………….

-É que eu vivín moito. Estiven na guera e, logo, tres anos máis mobilizado…O que pasa é que, desde hai algún tempo, a cabeza xa esturría máis da conta e os pensamentos xa levan a un por onde queren, sen dalos dominado…Ser vello non lle é boa cousa…pero chegan a vellos todos os que non morren antes (86).

……………………

Fago que bote unha risada e síntome feliz. Penso na limitada eternidade das persoas que se fan querer (100).

……………………

Penso que os pais sempre se preocupan polos fillos teñan a idade que os fillos teñan; o cambio chega cando os fillos se comezan a preocupar polos pais (112).

…………………..

Ábrese de novo a porta e sae a médica. Diríxese a min e dime:

-De momento está estabilizado. Sufriu un shock anafiláctico. Dentro dun pouco virá o internista a velo e xa falará con vostede(120).

……………………

Non sei canto tempo pasamos falando, pois os momentos intensos non se miden por minutos nin segundos,senón por emocións. Emocións compartidas. Un mundo. Todo  o tempo do mundo (132).

………………………

Fito para o cadáver do Xavieriño e enxaergo placidez na súa expresión. Non choro. Teñoa sensación como de que rematei ao xeito un traballo importante. Sen saber o porqué nin pensalo, levanto o meu puño en alto, póñome firme e dígolle: “Ata sempre compañeiro” (158)

TODOS OS SALIENTADOS SON DO AUTOR

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.