ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

5 exemplos de BIBLIÓPATAS E FOBÓLOGOS (Emma Pedreira, Galaxia)

Escollidos entre os máis curtos, aí van cinco exemplos do que se pode atopar no libro de Emma Pedreira.

SEARCHING

Espelliño, espelliño, quen é a máis bela do reino?

E Google devolveulle 5.369.014 resultados (19)

…………………………….

NECROLÓXICA

Dóennos todos os órganos oa facer público o óbito da nosa esdrúxula poeta. De técnica ácrata e única, ínclita inimiga do réxime, prístina defensora lingüística e histórica nínfula artística, a súa íntima poética mística sitúaa inequívocamente na nosa nómina de magníficos líricos.

Morreu de súpeto.

As pompas fúnebres celébranse a última hora do sábado.

Inéditos autógrafos publícanse póstumamente

Doémonos de tan tráxica perda (43)

………………………………

POMPAS FÚNEBRES

 O noso autor é tan querido na súa terra e tan venerado polo público, a crítica e os compñaeiros de promoción, que estamos desexando todos que morra canto antes para dedeicarlle o Día das Letras Galegas (45)

……………………………….

O EDITOR É UN PAI PARA A ESCRITORA

Vas saír así á rúa?

-Si, por?

-Porque con eses versos transparéntachese todo o pesimismo (49)

……………………………..

CURSO DE GALEGO PARA ESTRAXEIROS

Querido Amancio:

En Galicia, un home é un home e unha casa, un niño (95)

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.