ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de NORTEÁNS (Mar Guerra, Xerais)

Unha pinga solitaria a acariña a súa tempa dereita e axiña lle escapa pola meixela abaixo, primeiro  arre e logo xo. Bris arrepía (21).

…………………………

Debruzado na ventá do seu lar, Forca cavila no que convén facer. Acaba de ver as rapazas escapulirse do poboado, promontorio arriba. Primeiro Leta e despois Cances, unha tras os paso da outra (33).

………………………..

Bris desdeña o pau que lle ofrece Este. Acaso é o herdeiro de Neixón unha parturiente?! Parécelle indigno. Aturará o que teña que aturar sen un laio – di para si- (61).

…………………………

Morto de vergoña, esforzábase ao máximo en pensar unha excusa válida, polo menos crible,para explicarse  e facrse perdoar por aquel asalto imperdoable e sen xustificación ninguna (73).

…………………………

Os norteáns foron bravos –recoñece para si- , non dubidaron en enfrontarse a eles malia estaren en inferioridade numérica. Pese a que os colleron desprevidos, morreron sen agocharse (93).

………………………..

Ata Leta se admira. Certo que a amiga tampouco non tiña maneira de comparar. Bris fora o primeiro mozo espido que vira na súa vida (125).

………………………..

Mantivo diante dos norteáns a mesma explicación que improvisara na fraga co raparigo e acabouse: fuxira de Nola pouco despois de comezar o alzamento, aproveitando a confusión. Apenas vira nada e tapouco non participara (143).

………………………….

O ceo do Peirao, cuberto de feos nubarros, dá en tronar daquela sobre a moza e o mercador. A treboada que os levara ata o poboado brago resistíase a abandonalos (194).

…………………………

Finxe un fondo pesar, como avergoñado, arrepentido da súa falcatruada. Mais de natural impaciente, élle imposible mater a compostura durante moito tempo (219).

………………………….

Atopa noces, landras, abelás, algo de queixo e carne seca. Agochados baixo os froitos, un puñal e dúas navallas aguzadas ( 230)

……………………………

Bris albiscaba unha cabaceira, un muíño de vaivén para o cereal e outro dos xiratorios para as landras, un forno, ata un pequeno tear teitado (246).

……………………………

 O Luso únese a eles deseguido, Fica serio, a ollada gris, os cantos da boca engurrados, o aceno tristeiro, pero de bágoas, nin a primeira (282).

…………………………..

Leta atropela as palabras, tan leda se puxo tras expoñerlle Runa os detalles do encontro que mantivera cos agochados (340).

………………………….

-Era a traste de Nioma…-informouno Xalla, sorrindo e machando a lingua-. Imos. Temos que apresurarnos. Agardan por ti. (374)

……………………….

O problema non eran os norteáns, senón os homes en si, xa o concluíra o Luso diante del máis dunha vez (403)

…………………………

-Coido que debemos deixalo polo de agora, fillo. Cómpreme convocar a Man decontado. O asunto dos teus pícaros haberá quedar para outro momento (424).

……………………….

Os esbirros de Munis tampouco non lle dan oportunidade de discorrer. Tan pronto como o Sabio lle acena un adeus coa testa, empúrrano violentamente contra a porta (448).

………………………

Ao ourive non lle pasa inadvertida a reacción do medio irmán. Non é o único que ama a Leta, velaí está de de volta Bris para recordarllo. Sente a carraxe a nubrarlle paseniño o ollar (480).

………………………..

Munis déixao aí, o segredo a medio desvelar. Non porque de socato se arrepinta, senónpor causa de Pruno. De Pruno e mais a cuadrilla de homes armados que enfilan a praza tras el prestos a balanzarse enriba de Munis (506).

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)