ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de SAPOS E SEREAS (Ana Cabaleiro, Galaxia)

Aurora sospeita que Xosé lle deu un agasallo ao rei Melchor para ela. Vai dentro dun sobre. Pensa que podería ser un papel que ela atopou casualmente a semana pasada (17).

…………………………..

El era unha vez un adorable Lobo Feroz moi querido por todas as que o coñecían, pero sobre todo pola súa avoíña, e non había no mundo nada que ela non lle daría (27).

…………………………..

A noite que coñeceu a Groucho Marx fora unha noite de outono, e Lobo Feroz comezara a usar as carapuchas vermellas que lle chaman de entretempo (29).

………………………….

Xurxo puxérase en pé, eu seguía tombada, e para berrarme inclinárase sobre min, moi preto (40).

…………………………

Que se lle di ao teu noivo, cando non sabes nin se segue sendo o teu noivo, en público, e con toda a aquela expectación? (47)

………………………..

Sinto ganas d eberrar e de darLle patadas ás paredes, do impotente que me fai sentir esta conversa, pero iso non faría máis que empeorar as cousas (54)

…………………………

Presa nestes cantís pequerrechos, coma de xoguete, onde me destinaron, no cabo do que os humanos lle din o monte Louro (61).

…………………………..

Abatín un navío xenovés, o Bozolla, e un bergantín inglés, O Marie, á altura dos que os humanos lle din o cabo Fisterra, e unha nao española aló pola altura que lle din Malpica (63).

………………………….

Eu sei, agora, xa tarde, çque a Serea Virxinia quería ir precisamente para iso, para ver humanos ávidos de sol, ávidos de aventuras, ávidos de encontros imposibles que lle fixen arreborar as escamas da cola d edesxo e de inquedanza (67).

…………………………

Porque sabido é que nunca nada bo lle aconteceu a unha Serea reconvertida en humana (68).

………………………….

Foi Pedro Ranilla o que asasinou a que fora a Sera Virxinia. Foi un asesinato lento, continuado, día a día, que comezou no momento mesmo en que deixaron atrás a Praia do Chanqueiro (78).

……………………………

Loitarás, mais os camiños xa está trillados (87).

 

TODOS OS  SALIENTADOS SON DA AUTORA

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.