ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de TERRAZA (Fran Alonso, Xerais)

Ese sabor lánguido

e cíclico da vida (12)

……………………………….

Habita algo importante

no fondo deste mínimo

suceso banal

chamado indiferenza (15)

……………………………….

intúese que circulan

para rachar

clandestinamente o aire

e alcanzar esa quimera

do infinito (18)

……………………………….

Leo a prensa, resignado

a soportar ese perverso perfil

que os medios deitan sobre

a crise e a política (19)

………………………………..

O sabor agarimoso do café

inunda a miña boca

dun amable e infinito

outono presentido (28)

…………………………………

A chuvia ergueu

un vento de combate e parte

das mesas descansan recollidas (29)

………………………………

a escrita non deixa de ser

un exercicio exótico (31)

…………………………….

A terraza ten o ánimo abatido (34).

…………………………….

Con certeza, mañá será

o mesmo día (37)

…………………………….

No rostro dela adiviño o perfil

dunha coidadora de ocasos (39)

……………………………

Se hai algo que me irrita

é a insoportable levidade

dunha mosca (41).

…………………………….

Hoxe, en cambio, a entrada

do outono limpou un chisco

o aire, varréndoo con plumas

de gansos fosforescentes (44).

……………………………

Escribindo poemas

sobre os que me rodean,

síntome como un axente

dos servizos de intelixencia

dun suposto

exército literario (48).

………………………………

Nin sequera

no diminuto vestíbulo

da miña imaxinación (56).

……………………………..

O rapaz que fala co vento

está detido perto da parada

do autobús (59)

……………………………

Hoxe o azul do mar móstrase

lascivo e insinúa

con timidez o seu candor (63).

…………………………..

Seguen pasando as motos.

como exhalacións, coma vermes

veloces que non desexan visibilizar

a súa impudicia (68).

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)