ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de O CÓDICE ESMERALDA (Alberte Blanco, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 7 Setembro 2017 @ 12:55 p.m.

Aquel día de verán o sol morno da mañá acariciaba con delicadeza a vizosa vexetación, aínda húmida polo orballo da noite (12).

……………………………………………………

 Malia a solemnidade do título e subtítulos, aquel non era un caderno oficial de bitácora, máis ben parecía un libro privado de viaxe do capitán xeneral que, por algunha razón descoñecida, foi parar ás mans do grumete de Teis (25).

……………………………………………………

 O estrataxema saíulle ben ao francés, os comerciantes sevillanos e capitáns da Frota de Indias viron con agrado a posibilidade de ir dende Vigo a Cádiz e exerceron presión sobre Velasco para que aceptase a proposición de Rousselet (59).

……………………………………………………..

Por iso, nin el nin o resto de tripulantes da Frota de Nova España, poderían subtraerse ao que lles depararía a Historia (71).

……………………………………………………..

Na segunda semana de outubro chegaron novas dos informadores da coroa  de que se avistara a frota angloholandesa preto das costas portuguesas (100).

………………………………………………………..

Non obstante, Xacobe sospeitaba que Rousselet quedara con parte substancial do alixo, circunstancia que suscitaba novos interrogantes (124).

………………………………………………………..

O vello armador, industrial e mariñeiro, creara, a base de traballo un pequeno emporio dende que se asentara naquela fermosa aldea do fondo da ría (139)

………………………………………………………….

-Es igual de teimudo que o papá.

-Non son teimudo, son perseverante, que non é o mesmo

-Agora venme este con precisións académicas, vaia, ho! (144).

…………………………………………………………..

-Diso non cabe dúbida. Díxome que exportaba café e azucre, e outros derivados, aos Estados Unidos e que a illa está experimentando un enorme auxe económico (153).

………………………………………………………………

-Vaia historia! –exclamou Hadrián-. Parece un drama teatral (156).

……………………………………………………………….

Mesmo había coincidencias coa cúpula renacentista da gran basílica do Vaticano (164).

………………………………………………………………

-Grazas, fillo. Serafina interpretara o que pasou como un mal agoiro, que algo malo vai pasar. E xa sabedes que poucas veces se equivoca coas súas premonicións (189).

………………………………………………………………

Os pais pensaron que unha longa tempada no Eire serviría para que o seu fillo dominase o  inglés e esquecese a aldeíña de Santo Ardán (221).

………………………………………………………………..

-Cal é o común denominador de todo este asunto? –preguntou retoricamente Hadrián (239).

……………………………………………………………….

Non había dúbida, a aquel home dábaselle ben a interpretación teatral e gozaba representando aquela comedia. Porén esa conduta só era comprensíbel nun personaxe atormentado e levado da loucura (247).

………………………………………………………………

-Escoitei a conversa dende o principio, non intentes convencerme da túa abxecta conduta (…) (249).

………………………………………………………………

-O que hai aquí é un antigo grimorio, un códice de coñecemento máxico que permite consutar o Gran Demiúrgo. Este manuscrito é o Cronicón de Thot, o mensaxeiro dos deuses. Só hai que facer as preguntas correctas (271, salientado orixinal).

……………………………………………………………

Adan asistía, paralizado, ao demoníaco festín. Só ficaba o Minotauro. O touro sagrado fitou para Adan cos seus ollos vidrosos, en actitude ameazante (311).

………………………………………………………….

Xacobe fixera ben en fiarse do seu presentimento. Cando a noite anterior saía o lamecén con Edouard, pediulle en voz baixa que o seguise para facer unha comprobación (323).

……………………………………………………………

Era unha sensación de déja vu. Porque se entrelazaban as súas experiencias oníricas coa realidade? (331, salientado orixinal)

………………………………………………………….

Despois fíxose o silencio. Xacobe acendeu un mixto e, entre penumbras, comprobou en que acabara a liorta (361).

………………………………………………………….

Trasladáronse á zona do altar maior e escolleron unha das sancristías,  a situada á dereita do retablo onde se acomodaron ao redor dunha enorme mesa de nogueira que o párroco utilizaba de despacho (398).

 

 

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)