ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de ´AIN. O OLLO E A FONTE.( Almudena Otero Villena. Axóuxere)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 15 Setembro 2017 @ 8:17 p.m.

O desexo é, daquela, forza que arrastra, que carece de obxecto, movemento que expande o universo: deus (17).

……………………………..

Caroline Walker Bynum explica  que durante os séculos XII e XIII o corpo asumiu un papel moi relevante na experiencia espiritual (especialmente na feminina) como espazo de encontro coa divindade (19).

……………………………….

Se o deus feito home morre na cruz, tamén o eu morre nela (21)

………………………………..

A metáfora é xa en si mesma palabra discontinua, transfronteiriza, erótica (24)

…………………………………

A busca dunha linguaxe o máis precisa posible é un dos principios que rexen a teoría da linguaxe aristotélica (27)

…………………………………

Como fala Eckhart?. A linguaxe dos sermóns é espida e concisa, pero está á vea ateigada (…) de paradoxos, metáforas e símiles (34).

…………………………………

Eckhart vai fiando palabras, dándolles a volta, creando a aprtir delas novos termos (37)

…………………………………..

O paradoxo móvese cara á unidade(39)

……………………………………

(…) o paradoxo é a fala que se baleira (…) (41)

……………………………………

A diferenza entre  o un e o outro, entre suxeito e obxecto desvélase así como unha ficción (42)

…………………………………..

A irradiación de luz é unha explosión un resplandor tan intenso que supera toda capacidade de percepción (46).

……………………………………

A verdade é, daquela, un xeito de ver, unha propiedade da ollada (49).

…………………………………….

Todo en deus resoa de amor, até tal punto que o canto o reborda e flúe fóra del (51).

……………………………………..

É o xiro leve e compasado dos dervixes, que danzan sobre o seu propio eixo, corpo percorrido polo mundo (54)

…………………………………..

Da separación nace unha linguaxe que segmenta, que constrúe unha lóxica de sitematización (59).

…………………………………….

A clausura nace así como un fenómeno urbano (65)

…………………………………….

A reclusión pode verse tamén como unha defensa fronte á agresión (67).

…………………………………….

Os libros de monxas xorden do anceio de narrar, de crear unha historia colectiva e transmitir a memoria (69).

…………………………………….

É esa capacidade das mulleres para ser un con Cristo o que xustifica a palabra feminina; é dende a transgresión  dende onde nace a voz (73).

…………………………………….

O camiño é único, mais non o é o modo de camiñar (77)

……………………………………..

A viaxe conduce a encontros sorprendentes, a diferentes topografías (80).

………………………………………

A visión é un medio para a inspiración, o descubrimento dun lugar interior (88).

………………………………………

A visión do mozo é a fonte da que abrolla a obra máis importante de Ibn ´Arabî (….) As iluminacións da Meca, que empeza a escribir  nesa época e só rematará pouco antes de morrer (94).

………………………………………

A revelación está estreitamente ligada a un idioma, á lingua árabe na que se pronuncian os 99 nomes de deus (97)

………………………………………

Así, toda viaxe é sempre unha viaxe polos nomes divinos, nos que está contido o universo enteiro (98).

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.