ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de A VIDA SINXELA DE MARCELO FIRMAMENTO (Vanesa Santiago, Galaxia)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 21 Setembro 2017 @ 5:26 p.m.

 

As cousas do mar, aprendeu, non se contan na terra (18).

……………………………………………

Antonio Rederrota nacera en Muros, na súa mocidade andara á balea, e tras a guerra viñera embarcarse a Sada, xusto  o tempo breve que coincidirá na pesca de baixura co pai de Marcelo (25)

……………………………………………

Pois o mar requiría forza, destreza, maña e un pouco de sorte, e Marcelo tiña da catro calidades (29).

…………………………………………

Coñecín o Murallas, un tipo alegre e irreverente, hai un par de anos. Xa non vive en Lugo, pero  volve alá todos os anos polo San Froilán. Foi el quen me falou destas historias, que doutro xeito nunca chegaría a coñecer, sobre como pasou Marcelo aqueles dous anos,  e como lle brillaron os ollos, contaríame, ao ver entrar o buque na ría, co pano do castelo de Palma de fondo, mentres formaba na explanada do cuartel de Instrución (47)

…………………………………………

O Marcelo sempre fora media poeta, que andara emparentado co Rederrota, quen sempre contaba historias das que ninguén entendía unha metade nin cría na outra restante (53).

………………………………………….

Lin, por exemplo, que algunhas treboadas as causan os trasnos piratas, unhas criaturas de aguda voz acorde coa súa baixa estatura, que viven en illotes no océano e teñen o poder de invocar treboadas ( 63)

…………………………………………..

As pequenas anamouras, anamouras das que lle falaba Estrela, a  anamoura que vivira en Fontán, soa e fráxil, belísima, naquel tarro de cristal, brillando nos  soños de Marcelo (75)

…………………………………………….

ÁS veces penso no ben que cheguei a coñecer a Marcelo, tanto que podo deducir o que pensaba (85).

…………………………………………….

Marcelo lembrou todo aquilo, e aínda lembraba que soñara con iso cando espertou, coas primeiras luces da amañecida (113).

……………………………………………….

(…) Lolo dos Sete, mariñeiro de Fontán desaparecido a mediados dos anos corenta logo de que o arrestasen na Coruña (122)

……………………………………………….

Un mundo, dicíalle o Lolo, onde a liberdade cabalgue sen barreiras, cruzando vilas enteiras, levando o seu berro que derrubará as fronteiras do odio (127)

……………………………………………..

(…) unha carta curiosa que buscaba rirse da censura con retranca (…) (129).

………………………………………………

Coma o xenovés, ría o profesor entusiasmado, coma o xenovés (145).

……………………………………………….

Despedirse de Xana e da súa familia, con quen compartira a noite anterior unha cea familiar onde comeran pais, fillos, nora, neto e sobriño, sete persoas, sete, recalcou Xana, riseira e algo caneca, fora duro (157).

…………………………………………………

A Marcelo deixárolle mirar un momento, e , para a súa vergonza, sentiu por un instante que era aquel cachalote, igual que sentira que era a toniña e o pardal (164)

…………………………………………………

Vémonos, pensou Marcelo. Agora si. Agora son libre, querida Ellaine. Ámote, berrou. Ellaine oíu aquel berro que lle levou o vento, cruzando continentes, e  subiu á nave sentíndose feliz. A nave subiu, subiu. Houston, temos un problema, dixo o piloto (186)

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.