ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2017

subliñados de DEMOS DE VERÁN (Miguel Vázquez Freire, Xerais)

Posted: Xoves, Outubro 26th, 2017 @ 5:45 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de DEMOS DE VERÁN (Miguel Vázquez Freire, Xerais)

Non levaba moito xubilado  e non tivera  aínda tempo de decidir se os novos días que lle agardaban ían ser mellores ou peores cós pasados como comisario en activo (9). ………………………………………………. << O mundo encheuse de tebras e toda a terra semella chea de ledicia>> (11, salientado orixinal). ……………………………………………….. O día en que por segunda […]

crítica de DEMOS DE VERÁN (Miguel Vázquez Freire, Xerais)

Posted: Mércores, Outubro 25th, 2017 @ 6:05 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de DEMOS DE VERÁN (Miguel Vázquez Freire, Xerais)

VIDA E CAOS Título: Demos de verán Autor: Miguel Vázquez Freire Editorial: Xerais Cando un home agacha entre as súas roupas unha potente bomba. Cando ese home sobe a un autobús cheo de xentes de diversa condición e angueiras na vida. Cando ese home fai estoupar  a bomba crendo que así accede ao paraíso e […]

tres poemas de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

Posted: Xoves, Outubro 19th, 2017 @ 5:32 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en tres poemas de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

ATENDE, escoita vai tirando amodiño do fío da conversa hache contar do tempo en que a tía chegaba e coa nai preparaba as infusións de ruda sen que ninguén contara o porqué do silencio   verás, observa non é a avoa quen fala, volve ser una nena escoita a través dela a todas as avoas […]

crítica de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

Posted: Mércores, Outubro 18th, 2017 @ 5:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de NA CASA DA AVOA (Marta Dacosta, Galaxia)

CONDICIÓN DE MULLER Tïtulo: Na casa da a avoa Autora: Marta Dacosta Editorial: Galaxia Nun mundo dominado polo sexo masculino, Marta Dacosta no seu último poemario reivindica a voz das mulleres, a súa condiciòn de muller nun mundo onde outra vez o colonialismo soñando seu imperio (31) é herdeira da avoa que  ainda que case […]

subliñados de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

Posted: Xoves, Outubro 12th, 2017 @ 5:39 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

Mellor comezar polo principio, que hai moito que contar e pouco tempo que perder (15). ………………………………………….. O primeiro ano da miña chagada á Coruña, que seguía alá no lonxe, paseino sorteando como puiden os empurróns, sopapos e, en xeral, abusos leves cada vez máis espazados (25). …………………………………………. Axiña comezaría a ser coñecido entre a miña […]

crítica de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

Posted: Mércores, Outubro 11th, 2017 @ 6:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de SOÑO DE INFANCIA (Moncho Rouco, Xerais)

AQUELES ANOS Título: Soño de infancia Autor: Moncho Rouco Editorial: Xerais De súpeto, os últimos cincuenta anos mudaron por completo a forma pasar o tempo de lecer. Por se non tiveramos pouco co cine, a radio e televisión, as novas tecnoloxías viñeron mudar por completo o xeito de pasar o tempo xogando. De repente, todos […]

subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

Posted: Xoves, Outubro 5th, 2017 @ 8:07 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

  -Non cabía un alma -dixo a de Teimoi con cara adusta-.Fixácheste na xente que tivo que ficar fóra? (9). …………………………………………………… -Ninguén sabe o que aconteceu. Está consciente, mais coma se non estivese. Nin fala nin ouve… Nin sequera sei se ve! Semella unha morta en vida. Vana trasladar a Santiago. Xa sabe,  a un… […]

crítica de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

Posted: Mércores, Outubro 4th, 2017 @ 6:28 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A VIRXE DAS AREAS (Antonio Manuel Fraga, Edicións Embora)

NOVELA BREVE DUN SECUESTRO Título: A Virxe das Areas Autor: Antonio Manuel Fraga Editorial: Embora Nas proximidades  da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas de Vilar de Sembra atopan a norma Lago, veciña do lugar e que leva anos desaparecida. Desorientada e vestida unicamente cun camisón branco, o seu estado é lamentábel. Tal […]