ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de DEMOS DE VERÁN (Miguel Vázquez Freire, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 26 Outubro 2017 @ 5:45 p.m.

Non levaba moito xubilado  e non tivera  aínda tempo de decidir se os novos días que lle agardaban ían ser mellores ou peores cós pasados como comisario en activo (9).

……………………………………………….

<< O mundo encheuse de tebras e toda a terra semella chea de ledicia>> (11, salientado orixinal).

………………………………………………..

O día en que por segunda vez comezou esta historia, eu viña de arranxar uns papeis na embaixada española (19).

…………………………………………………

Pero os demos existen hoxe como existiron desde os comezos dos tempos e os seus poderes non son menores (43).

…………………………………………………

Non o sei  e non quero aventurar hipóteses que poidan predispoñer ao lector nunha determinada dirección. Prefiro que sexa el quen constrúa  as súas propias hipóteses (52).

…………………………………………………..

Aquela mesma noite Doroteo e  mais eu ceamos xuntos e, despois do xantar, demos un paseo baixo os ameneiros que escoltan o Sallón, nas proximidades da ponte que dá a acceso á vila cando se chega desde o sur (62).

…………………………………………………….

Ese cualificativo e as características que se atribúen a ese tempo de tebras non existe en absoluto no texto canónico. Ademais, nos restantes versículos aparecen tamén diverxencias notables (111).

……………………………………………………..

Esa amálgama entre fascismo, masonería e agora gnosticismo está nos antípodas de canto ten sido, ao longo da miña vida, o universo dos meus intereses intelectuais (114).

……………………………………………………..

-En realidade, todos eles o que buscan é provocar unha gran catástrofe. Están convencidos de que só a través do lume purificador da guerra pode ser destruída a sociedade materialista na que vivimos para abrir as portas a un renacer espiritual (…) (143).

……………………………………………………..

-Catro sobre sete? Quere dicir que pensan matar a catro dos sete que participamos nas xuntanzas da vila do príncipe?  (145).

………………………………………………………

A estupidez é seguramente a raíña e soberana do mundo (151).

………………………………………………………

Si, seguro que quería meter os fociños naquela historia de masóns e misterios. Algo lle dicía que naquel envurullo podía estar a chave para desenguedellar a vella historia do neno afogado na praia de Barés, o seu primeiro caso e un caso pechado en falso que lle deixara un fondo resentimento profesional (156).

…………………………………………………………

-(…)Se o interpretamos á luz dos Vedas, os textos sagrados hindús, ese final coincide co Mahapralaia, a Gran Destrución, a disolución purificadora deste universo para que de novo poida dar comezo o ciclo dos novos tempos (…) (187, salientado orixinal).

…………………………………………………………

O obxectivo era crear unha gran alianza espiritual dos principais líderes relixiosos para frear o materialismo e o hedonismo pagán que hoxe reinan no mundo (189).

…………………………………………………………..

Este narrador, como espero que o lector a estas alturas xa se teña decatado, procura limitar extremadamente calquera tentación fantasiosa. Ou simplemente especulativa (214).

……………………………………………………………

Non é este, logo, un relato de enigmas descifrados senón do chea que a vida está de enigmas que nunca daremos entendido (216).

…………………………………………………………….

-(…) Si levamos case un día enteiro sen probar bocado! (…) (225).

…………………………………………………………….

Radia Ludescu sempre me facía obedecer sen dar ordes e el era quen decidía cada día o que se facía e o que non se facía naquel campamento do verán de 1962 (241).

…………………………………………………………….

A evanescencia do mundo físico apreixa a humanidade na maior dependencia do corpóreo e material que nunca antes se teña dado (245).

……………………………………………………………..

O que hoxe está en perigo é a continuidade da relixiosidade e, con ela, da espiritualidade, ou o que é a mesma cousa, da humanidade (260).

………………………………………………………………

(…) o día da ira, a apocalipse, o mahâpralaia tería chegado e nós corresponderíanos a terrible misión de desencadear o Harmaguedon,  a guerra destrutora que acabaría definitivamente con esta civilización  pervertida ( 263).

………………………………………………………………

(…) pero este tipo de fanático, que non lle importa morrer, como se controla? (285)

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.