ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2017

subliñados de LUNS (Eli Ríos, Xerais)

Posted: Xoves, Novembro 23rd, 2017 @ 7:01 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

Pero iso será mañá… Agora teño a pota ao lume. O neno con Rosiña. A nena no colexio e mil cousas por facer. Por anotar. Pendentes. Sen resolver… (21) ………………………………………. Perdoa, bonita. Tes razón. Pero é que estou tan adoecido que non podo comigo. A xente a pensar que sentamos no sofá a rañala (33). […]

crítica de LUNS (Eli Ríos, Xerais)

Posted: Mércores, Novembro 22nd, 2017 @ 7:16 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A TRAXEDIA NO COTIÁN Título: Luns Autora: Eli Ríos Editorial: Xerais Nerea, 37 anos, casada, funcionaria, dous préstamos, unha hipoteca, dous fillos, con casa propia, un luns recibe a noticia: ten cancro de mama, tipo IV, quédanlle dous meses de vida, en maio todo terá rematado, como é unha persoa nova poida que o prazo […]

tres bonsais de Anton Riveiro Coello (Á SOMBRA DOS BONSAIS, Galaxia)

Posted: Xoves, Novembro 16th, 2017 @ 9:10 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A HIPOCONDRÍACA Tíñao todo, mesmo unha saúde de ferro, pero non o sabía. Esa era a súa maior desgraza. Somatizaba tanto que, cando saía á rúa, os enfermos pegábanlle os males e ela chegab á casa cun cancro de pulmón  ou cun alzhéimer galopante. Era coñecida no hospital. Morreu aos 98 anos dun infarto porque […]

crítica de Á SOMBRA DOS BONSAIS (Antón Riveiro Coello, Galaxia)

Posted: Mércores, Novembro 15th, 2017 @ 6:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

LITERATURA BONSAI Título: Á sombra dos bonsais Autor: Antón Riveiro Coello Editorial: Galaxia Pouco a pouco vaise asentando a literatura Hiperbreve ou Mínima entre nós. Títulos como o que nos ocupa hoxe nestas páxinas da Ferradura danlle frescura e valor. Antón Riveiro Coello aceptou o reto que supón crear nun espazo reducido, alí onde unha […]

subliñados de ANÍBAL E A PINTORA (Xabier Paz, Xerais)

Posted: Xoves, Novembro 9th, 2017 @ 7:26 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A presenza e Aníbal tiña nome  e apelidos de seu e, cando arribou a desgraza final, quixen vela como metáfora dos perigos da entrega total a calquera disciplina, do poder absorbente e destrutor do culto á Beleza e memso da potestade absorbente e dos efectos narcóticos do Amor sen carne ( 9). ……………………………………….. A luz […]

crítica de ANÍBAL E A PINTORA (Xabier Paz, Xerais)

Posted: Mércores, Novembro 8th, 2017 @ 6:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

HISTORIA DUNHA OBSESIÓN Título: Aníbal e a Pintora Autor: Xabier Paz Editorial: Xerais Despois de As vidas de Nito e A galera de Xelmírez volve aos trinques Xabier Paz con Aníbal e a Pintora, moito máis parecida a aquela primeira Renacer. Aída que, no fondo, a narrativa de Xabier Paz estrutúrase a redor dunha biografía, […]

campo semántico de NA BUTACA (Sther F. Carrodeguas, Galaxia)

Posted: Xoves, Novembro 2nd, 2017 @ 6:23 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

esquecer ser sen ter que ser non saber falar esquecer as palabras sen pensar ter 25 non se recoñecer no espello estar na butaca comer cagar dormir un relaxo vivir despreocupada ser feliz na butaca ver a tele esquecerse da butaca ver a vida pasar ser normal cagar peidos vivir sen filtro facer rir non […]

crítica de NA BUTACA (Sther F. Carrodeguas, Galaxia)

Posted: Mércores, Novembro 1st, 2017 @ 6:33 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | No Commentss »

A POESÍA DENDE A BUTACA Título: Na butaca. Fanasía nº 3 en Dor Maior Autora: Sther F. Carrodeguas Editorial: Galaxia O proxecto literario que hoxe traemos  a estas páxinas da Ferradura é ben sinxelo e á vez ben complexo. E, por suposto, experimental. Consiste nunha butaca, todas as páxinas teñen, no fondo, a imaxe dunha […]