ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

tres bonsais de Anton Riveiro Coello (Á SOMBRA DOS BONSAIS, Galaxia)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 16 Novembro 2017 @ 9:10 p.m.

A HIPOCONDRÍACA

Tíñao todo, mesmo unha saúde de ferro, pero non o sabía. Esa era a súa maior desgraza. Somatizaba tanto que, cando saía á rúa, os enfermos pegábanlle os males e ela chegab á casa cun cancro de pulmón  ou cun alzhéimer galopante. Era coñecida no hospital. Morreu aos 98 anos dun infarto porque no seu corazón xa non couberon máis doenzas ficticias (151).

…………………………………

A PEDIDA DE MAN

Tiña sona de cruel e falábase moito dos seus crimes. Contaban del cousas arrepiantes. Mais de entre todas as que fixera, a que máis se espallara polo cárcere era a do día en que un mozo lle pedira a man da súa filla e el lla servira nunha bandexa de prata (171).

………………………………

A SOIDADE

Tiña a casa chea  de espellos. Día e noite, as luces estaban prendidas. Pero non era presumida; odiaba a soidade (193).

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)