ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de LUNS (Eli Ríos, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 23 Novembro 2017 @ 7:01 p.m.

Pero iso será mañá… Agora teño a pota ao lume. O neno con Rosiña. A nena no colexio e mil cousas por facer. Por anotar. Pendentes. Sen resolver… (21)

……………………………………….

Perdoa, bonita. Tes razón. Pero é que estou tan adoecido que non podo comigo. A xente a pensar que sentamos no sofá a rañala (33).

………………………………………..

Acaba de entrar Antía no parque. E son felices. E nada os preocupa.  E nada anubra os seus sorrisos. E maldigo a teta ( 52).

………………………………………..

Desmaieime e caín coa testa no chan. Nada máis. Nada máis e nada menos, rula. Que non che é calquera cousa. Porque non vas ao médico? (59).

………………………………………….

Pero muller! Ti non as pensas ou que? Por quince miserentos euros convertinme na súa puta. Na do encargado e na do médico (67).

…………………………………………

Con cancro. Enferma. Pobre Manuel… É normal que non o acepte así como así. Puiden esperar. Noutro momento que estivese de mellor humor (68).

………………………………………….

E agora, Nere? A casa silandeira. Erma. E agora? Sofá. Preciso un momentopara pensar. Agora? ( 98).

………………………………………….

O veciño welcome dos glúteos perfectos. Non te mira.  Só ve a morte. Morte. Orgasmo. Morrer.  Orgástica. Morte orgástica. Morrer no orgasmo. O veciño das paredes laranxas de mazá (123, salientado orixinal).

……………………………………………

As seis e media. Hoxe é o día. Mércores. Nos miolos remoe o diagnóstico. O luns dezaoito de marzo ( 135).

…………………………………………….

Pecha a fotografía dentro do sobre. Por fóra, só o endeezo da prisión (149).

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)