ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN (Xabier P. DoCampo, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 30 Novembro 2017 @ 8:58 p.m.

 

Porque non hai mal que mellor prenda na alma humana ca aquel que vén agachado no casulo das boas intencións niso de “ é polo voso ben “ (11, salientado orixinal).

………………………………………

A memoria dos sucedidos permanece por enriba de que as persoas se resistan a lembralos, e , máis aínda, a relatalos (12).

………………………………………..

Nada son sen as palabras que voan no meu ar. Non debo a miña existencia ao sucedido senón ao narrado, verdadeiro artífice do ocorrido (12).

………………………………………….

Susana está vestida toda ela de negro. Leva un abrigo de astracán e as puntas do colo do abrigo chéganlle aos ombreiros (18).

…………………………………………….

Aurelio é o irmán máis vello de Susana. Trouxérono os padriños, a el e mais o outro irmán, Fernando, cando morreu o pai e ficaron sos (29).

………………………………………………

-(….) xa baixo e tírolle a tranca á porta. Vólvea poñer cando entres, que non che esqueza, que din que andan aí os escapados (35).

………………………………………………..

Susana sempre ía algo antes, cos padriños, que a levaban no medio deles pola rúa Grande abaixo, as dúas mulleres con veo na cabeza, o de Susana branco, e o padriño coma sempre, con traxe, abrigo e chapeu (41).

………………………………………………..

Dona Agustina non quería que se traballase en domingo máis do imprescindíbel, de maneira que Susana saíu cedo e xuntouse con outras nenas que tamén ían ao cinema (45).

………………………………………………..

Pero víchela?

-A quen? Á Santísima Virxe? Vin, si, señor (67).

…………………………………………………

-E remata a película -di Agustina

-Case. Saen da casa Paula e Cameron e ela di que  a noite será longa e Cameron asegunda. “Mais pasará”. E daquela, fin. (109).

…………………………………………………..

-(…) Pero aquí, que temos? Unha nena que di que se lle pareceu María Santísima coas tetas ao ar -don Amancio persignouse-, Deus me perdoe, Señor. Pousada nun pé só e que non lle di ren. Que queredes que pense eu? A ver, dicídeme onde está o milagre que me faga pensar que todo isto é verdade! (120).

………………………………………………..

Os dous sicarios apoiaron o corpo de isidoro na parede da ponte, aniñáronse un pouco, collérono polos pés e erguérono para deixalo caer coa cabeza por diante (128).

……………………………………………….

-(…) Ti non es coma os que falan de min, ti es mil veces mellor que o mellor deles. Despois ergueuse. Olloume sorrindo e rematou: “Ti es Shirley Temple”. E marchou a coller o tren (135).

………………………………………………..

Don Amancio ergueu a man e descargou unha labazada na meixela esquerda de Susana. Nin sequera pasou a nena a man polo lado dorido da face, aguantou ese impulso como aguantou as ganas de chorar (162).

…………………………………………………

Aqueles lugares que non eran amenizados polas alboradas oficiais da festa, por estaren afastados ou por non os teren os ramistas por importantes, eran percorridos polos nenos que cantaban os reises e bailaban diante das portas, xesto polo que recibían lambetadas ou algunhas moedas de pouco valor unha por unha, mais xuntas aída lles daban para mercar roscas do santo ou caramelos de tres nunha mota (210).

…………………………………………………

-(…) Verbigracia, debemos eliminar o rastro do liberalismo en que caeron as democracias. Eliminalo e impedir que penetre. O de fóra que se deixe estar onde está (…) ( 231).

…………………………………………………..

-Ti sábelo. E en Ribadeínsua sábeno todos tamén. Os nosos mortos están nos faiados (…) (249).

……………………………………………………

Para Susana contar as películas era algo  co que gozaba moito. Era como volver velas, mais aquel día dáballe medo que á madriña non lle gustase, que lle parecese que non era adecuada e detrás diso viría a prohibición de volver ao cinema (309).

…………………………………………………….

-Esta vila é pequena, coñecemos todos a historia de todos. Aquí ás caladas pasaron cousas terríbeis, como en tantos sitios, pero sempre se viviu coma se non pasase nada (…) (332).

………………………………………………………

-(…) Non era Antonina a que retrataba, funcionaban como espellos nos que cadaquén vía a súa  verdadeira efixie (371)

………………………………………………………..

-Son seres habitados pola indiferenza, polo deixar facer e non se meter e de aí só hai un paso a isto que temos: a insensibilidade ante a dor allea. Iso é o mal. Iso é o que aiñou nos corazóns de todos nós (374)

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)