ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2017

subliñados de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

Posted: Xoves, Decembro 28th, 2017 @ 6:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

  Naquel momento, a unha  legua deles, un falcón pirenaico deleitábase no cumio do seu penedo favorito con carne de rata ben cebada. A visita á feira dos humanos pagara a pena (17). ……………………………………………….. Nuno e malabarista Máximo formaban parte dunha compañía itinerante de artistas, encabezada por Manrique, un rexo leonés. As tres carretas viaxaban […]

crítica de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

Posted: Mércores, Decembro 27th, 2017 @ 6:43 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

O VALOR DA CULTURA, O VALOR DUNHA NOVELA Título: A arte de trobar Autor: Santiago Lopo Editorial: Xerais Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura. Mais esta novela de Santiago Lopo fai diso tese e, sen perder un ápice de narratividade, defende […]

subliñados de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

Posted: Xoves, Decembro 21st, 2017 @ 6:56 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

  O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre (11). ……………………………….. Eles atopárana de casualidade ao día seguinte da pelexa cos gardas vendendo de novo as súas verzas na paraza da Verdura (43). ………………………………… -O azucre é para os ricos -dicíalle sempre el con solemnidade, coma se aquela fose […]

crítica de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 20th, 2017 @ 7:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

ENTRE DÚAS GUERRAS, UNHA BOA NOVELA Título: O xardineiro dos ingleses Autor: Marcos Calveiro Editorial: Galaxia Entre dúas guerras sitúa temporariamente a trama Marcos Calveiro no título que lle valeu o Premio García Barros de 2017: O xardineiro dos ingleses. A I e Guerra Mundial e a Guerra Civil Española. Serven de escenario temporal a […]

subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

Posted: Xoves, Decembro 14th, 2017 @ 6:51 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

  Eu era pequena, e a túa maleta enorme. Nela cabían todas as túas cousas. Roupa. Libros. Cedés. Sete anos de vida metidos nunha maleta gris xigante (11). ……………………………………………… Mentir é doado. O complicado é facelo  ben. E a min sempre se me deu mal (17). ………………………………………………. O que non sabe é que as portas […]

crítica de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

Posted: Mércores, Decembro 13th, 2017 @ 6:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL (Arantxa Portabales Santomé, Galaxia)

 A VIDA DESPOIS DO PITIDO Título: Deixe a súa mensaxe despois do sinal Autora: Arantxa Portabales Santomé Editorial: Galaxia Catro mulleres, de diferente condición social, deciden contar as súas vidas despois de oír o sinal do contestador automático. Marina, avogada, logo dunha ruptura sentimental, Carmela, xubilada, con cancro e un fillo nunha ONG; Sara, a […]

subliñados de LUMES (Ismael Ramos, Apiario Editora)

Posted: Xoves, Decembro 7th, 2017 @ 6:45 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en subliñados de LUMES (Ismael Ramos, Apiario Editora)

  A enfermidade é unha casa con galería e teitos altos. É un retorcerse do sangue, unha pirueta. Músculo que rompe (1). ……………………………………………………………………… De costas, é coma se fose un río. Séntese de lonxe a vida, un anticipo da morte (6). ………………………………………………………………………. Como tampouco debería temer o que temen os homes. O que non poden […]

crítica de LUMES(Ismael Ramos, Apiario)

Posted: Mércores, Decembro 6th, 2017 @ 8:23 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | Comentarios desactivados en crítica de LUMES(Ismael Ramos, Apiario)

OS MICRORRELATOS DE  ISMAEL RAMOS Título: Lumes Autor: Ismael Ramos Aditorial: Apirario No ano 1999 Anxo Pastor publicaba en Espiral Maior Sombra fértil unha coleccción de micorrelatos e microcontos á sombra da poesía, coma se foran poesía. Neste 2017 Ismael Ramos fai propio con Lumes, tamén unha colección de microrrelatos coma se foran poesía. A […]