ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de LUMES (Ismael Ramos, Apiario Editora)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 7 Decembro 2017 @ 6:45 p.m.

 

A enfermidade é unha casa con galería e teitos altos. É un retorcerse

do sangue, unha pirueta. Músculo que rompe (1).

………………………………………………………………………

De costas, é coma se fose un río. Séntese de lonxe a vida, un anticipo

da morte (6).

……………………………………………………………………….

Como tampouco debería temer o que temen os homes. O que non

poden entender (8).

………………………………………………………………………

As cicatrices son un dos froitos da ferida.

Os fillos somos cicatrices (11).

………………………………………………………………………..

Nin eu nin o tío Emilio cremos en Deus.

O paxaro insiste (17).

………………………………………………………………………….

A morte habítanos pola gorxa.. Coma un son que ha de ser silencio

ou un órgano que nace lonxe do corpo (19).

………………………………………………………………………….

Entón as mans cobran axilidade. Escacha o voo. E parecen miúdas

como un neno, mais son miúdas como de sangue (23).

……………………………………………………………………………

Eu penso, en cambio, que el sería algo máis parecido ao grade peca-

dor: A dor do meu avó servindo como exemplo. O seu medo (29).

……………………………………………………………………………

O corpo do meu avó é a verdade. Din que o meu se parece ao del. Eu

sei que non, que o corpo de meu avó é santo (30).

…………………………………………………………………………….

A vinganza e a xustiza seguen camiñando aínda que se lles corte

a cabeza (33).

…………………………………………………………………………….

Convirto a túa infancia na miña disciplina. É bonito aínda que non

o pareza (41).

………………………………………………………………………

Miña nai pariu dous fillos sans e unha ferida. Imitámonos os tres (49).

…………………………………………………………………

Baixo a árbore os homes agardan a caída da mazá. Ela decidiu po-

drecer pendurada (56).

 

 

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)