ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de O XARDINEIRO DOS INGLESES (Marcos Calveiro, Galaxia)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 21 Decembro 2017 @ 6:56 p.m.

 

O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre (11).

………………………………..

Eles atopárana de casualidade ao día seguinte da pelexa cos gardas vendendo de novo as súas verzas na paraza da Verdura (43).

…………………………………

-O azucre é para os ricos -dicíalle sempre el con solemnidade, coma se aquela fose unha das máis grandes verdades do universo todo (53).

…………………………………

Delia óllase as mans, as mans nunca menten (67).

…………………………………

Ademais, como os grandes mentiráns que eramos, os escritores adoitabamos fabular moito sobre a orixe das nosas obras, sobre esa gran labarada (71).

…………………………………..

Porque as novelas son como os incendios provocados, sempre teñen moitos focos (79).

…………………………………….

E ambos os días regresou tristeira á casa, onde ademais a agardaba a rifa do seu pai por deixar as tarefas sen facer mentres el ía botar a partida e embebedarse na taberna (105)

………………………………………

E a pintura debe ser Luz e Verdade fronte a Sombra e Misterio. Mostrar os recunchos máis avesíos da alma é o seu fin (133).

……………………………………….

Para quen se escribía? Para un mesmo? Para os demais? Por que facelo? Que sentido tiña? (147).

………………………………………..

Da historia de Edelmiro podía saír a historia que me redimise como escritor (150).

………………………………………..

Todos temos un pasado. E adoitamos negalo e fuximos del (209).

……………………………………….

Pequenos e enxeñosos enganos que prepararon os ollos inocentes dos espectadores para a chegada desa gran mentira que é o cine (218).

………………………………………..

A carón do escenario, Delia remata o arranxo da rachadela na te do decorado. A Peixería é un balbordo de xente (252).

……………………………………….

-Non eran meus, eu só quero traballar en paz e darlle de comer o meu fillo (258)

………………………………………..

Un rumbo que me obrigaría a mudar todos os meus plans dun xeito que non imaxinara. Un rumbo a rebordar de preguntas, mais tamén de coñecemento. Un rumbo cara á verdade (270).

………………………………………..

A emoción de estar a ler unhas liñas sobre as que tiñas a absoluta certeza de que estaban dirixidas a ti, de que dun xeito ou doutro, para ben ou para mal, estaban a mudar  a túa vida para sempre ( 272).

…………………………………………

-Porque convén non levantar moi alto a cabeza, rapaz. Corres o risco de acabar sen ela (277).

…………………………………………

Sempre houbo dúas Vilagarcías. Dúas vilas. Sempre ( 289).

…………………………………………

O de escribir era outro cantar, máis ben desafinado. Por iso pensaba que estaba no bo camiño para acadar a dignidade, e para conseguilo ía ter que esforzarse moito máis e ler todos aqueles libros do Ateneo, do primeiro ao último (299).

…………………………………………

Existen respostas que é mellor non coñecer, ignoralas é abrir unha porta á esperanza (317).

…………………………………………

-Seica cada dous ou tres días, os falanxistas sacan algún ao amencer ou ao solpor e nunca máis volve saberse del (334).

………………………………………….

-Mire, o outro día fun á súa casa de Cea, como me dixera, e atopei isto -confesei mostrándollo (359).

………………………………………….

(…) era unha mostra de debilidade que o novo réxime non se podía permitir (283).

………………………………………….

-Sen nomes non hai remorsos -engade o Baloca antes de darlle un grolo (387).

………………………………………….

Precisaba tempo para matinar en todo o acontecido. Mentres conducía, repasei o ocorrido unha e outra vez (426)

………………………………………….

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.