ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de A ARTE DE TROBAR (Santiago Lopo, Xerais)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 28 Decembro 2017 @ 6:53 p.m.

 

Naquel momento, a unha  legua deles, un falcón pirenaico deleitábase no cumio do seu penedo favorito con carne de rata ben cebada. A visita á feira dos humanos pagara a pena (17).

………………………………………………..

Nuno e malabarista Máximo formaban parte dunha compañía itinerante de artistas, encabezada por Manrique, un rexo leonés. As tres carretas viaxaban polos reinos da península levando a cabo espectáculos de todo tipo (23).

…………………………………………………

Esta boa a sopa, irmán Étienne? -preguntou o cabaleiro. O escuálido franciscano pechou os ollos en sinal afirmativo-. Alégrome (31).

………………………………………………….

O dominico Guillaume Arnaud terminou as súas oracións, quitou o hábito e enfundou o camisón longo e áspero con que durmía (42).

…………………………………………………..

-Escoita, Elvira. O resto dos meus compañeiros están desexando afastarse de ti e o teu hermetismo non axuda a que confiemos na túa persoa (…) (54).

…………………………………………………..

Isahort era un ser astuto e desapiadado, de orixes gascoas e castelás, a quen a vocación asasina lle viña de familia (64).

………………………………………………….

Semioculto baixo un carapucho deambulaba polas rúas poeirentas da capital do condado. Realizaba esta práctica todas as semanas por unha boa razón (83).

……………………………………………………

A cella dereita de Guillaume Arnaud estaba inchada e coa sutura aínda fresca (91).

…………………………………………………….

A continuación, maría Balteira interpretou unha cantiga de amor, mais o seguinte trobador, Pero García Burgalés, preferiu mudar o ton e atacou directamente a Balteira (107).

…………………………………………………….

Os trobadores moraban dentro do propio castelo, nunha sala que daba ao patio de armas, mais ese lugar non era adecuado para os músicos de extracción popular (117).

……………………………………………………..

El non precisaba dunha audiencia que o aplaudise. Era un home solitario que buscaba gañar coñecemento sobre o don divino da vida (129).

…………………………………………………….

El mesmo quería transformarse nun superhome e mellorar as súas capacidades humanas, se aquilo era posible (130).

…………………………………………………….

Despois de moitas pescudas, por fin localizara a bruxa cátara nun torneo. Isahort sorría mentres a contenda se desenvolvía diante dos seus ollos (144).

……………………………………………………..

En canto regresou aos seus apousentos, Guy de Lille lavouse. Para finalizar a fecundación da vaca tivera que introducir o seu brazo dereito na vaxina do animal (160).

……………………………………………………..

-Non te decatas? Vivos pasar o mesmo que a nós. Unha vez que rematen a Reconquista xirarán as súas cabezas cara ao voso país. Desapareceredes da face da terra e toda a vosa cultura acabará ardendo nas fogueiras! -a moza choraba desconsolada (165).

………………………………………………………

Pero ademais, o studium en latín era unha ferramenta crucial para desterraren a lingua occitana (173, salientado orixinal).

………………………………………………………

Durante toda a noite Elvira e Xoán permaneceron en silencio xunto ao cadáver de Nuno, saloucando (189).

……………………………………………………..

Na cela de interrogatorios da prisión, Guillaume Arnaud camiñaba nen círculos ao redor dunha anciá de guedellas brancas, axeonllada e encadeada ao chan (201).

 

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)