ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de ALMA E O MAR (Francisco X. Fernández Naval)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 18 Xaneiro 2018 @ 7:13 p.m.

 

Traballara como guionista de diálogos, na serie Black Women, producida por Adelaide Cartoon Productions e Black Point Films (20-21, salientado orixinal).

……………………………………..

Tamén falaron de amor. Alma dos homes que coñecera ou aqueles cos que aínda soñaba ás veces. Mercedes de mulleres, dos desenganos, da sosegada procura de parella que tardaba en chegar (43).

…………………………………….

-Nada dura, nada está completado, nada é perfecto -díxolle (71).

……………………………………..

(…) o amor é apenas un sorriso de múltiples rostros (…) (71).

………………………………………

Non busco un lugar para morrer. Non son Nathan Glass, o personaxe de Auster. Busco un lugar onde acougar, onde determe un tempo e acougar, renacer sabida, como nacen as crías das golfiñas, sandar feridas e atopar un camiño (80).

………………………………………..

Pensaba que o sol e o mar sandarían as feridas, as do corpo e as da alma (94).

…………………………………………

Lembrouse de Catherine, deixar era como perder (109).

………………………………………….

Sabería, por exemplo, que na orixe, as sereas eran seres con cabeza e busto de nuller, e corpo, ás e patas de paxaro? (112).

…………………………………………..

(…) os bandos de animais tiñan nomes diferentes segundo a especie, así os de luras eran montes, garroupas os de sardiñas, ladrillos os  de centolas e calcas os de golfiños (138).

……………………………………………

Dobre moral, exhibición e comercio, non só do segredo, tamén do íntimo. Beneficio e escándalo (149).

…………………………………………….

A man indolente, o sorriso invariable, a ollada insondable e teimuda, velaí Ofelia e o seu mal (180).

……………………………………………..

Alma e o mar, pensou. Alma de mar (182).

………………………………………………

-Pero… realmente, que é o aire ? -preguntou Alma

-Algo que pesa dentro e que non che deixa gozar das cousas da vida. Xa verás, vaiche prestar, vas saír asubiando -respondeu Brenda sen deixarse influír polo riso de Anida (226).

……………………………………………….

Os baños aliviaban a angustia e o desacougo, pero non curaban, como tampouco curaban as Marías. O tratamento era outro. Mar, aire, luz, todo iso si, pero era necesario poñer algo propio nese afán. Traducir o mal a palabras (231).

……………………………………………….

-No seu código, se ti tomas o sol sen roupa, es que estás buscando, que incitas, unha provocadora (…) (237).

………………………………………………

Alegrouse do gozo, do intre sen futuro, dos saloucos. Foi loba e non sentiu temor porque agora, nela, non había nin amor, nin submisión, só a necesidade de vencer pantasmas (…) (245)

………………………………………………

(…) os seres escuros que ameazan a liberdade e fan perder a memoria e a inocencia (245).

………………………………………………

-Ti escribes, Ofelia, escribes versos fermosos. Ti es grande -afirmou-, ti es grande -repetiu- e podes, porque sabes das palabras, porque viviches, porque perdiches e sufriches (256).

………………………………………………..

Ata ela chegaba o recendo mesto da masculinidade e pensou que tamén cheiraban as olladas. As olladas e os silencios (263).

…………………………………………………

Escribir, iso fixera Ofelia, escribir por ser, máis alá da persecución e da tortura ; escribir por exorcizar, por non sucumbir á dor e ao desalento (266).

………………………………………………….

Admirouna como loba e golfiña, forte e ceiba como só as mulleres poden chegar a selo (288).

………………………………………………….

A lúa sempre é muller, dicía Margie (334).

…………………………………………………..

Iso é a poesía, empregar metáforas, imaxes, símbolos para conseguir varios niveis de significado (348).

…………………………………………………

(…) a vertixe que produce a trasposición dos límites  (…) (356)

……………………………………………..

Era Rosalía quen dicía que os tormentos, no amor, teñen poder de atracción, como as caricias (359).

………………………………………………

Deixou o motor ao ralentí, vestiu outro chaleco e xirou levemente a roda para enfilar a lancha cara á furna coñecida como Boca de sapo (378).

 

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.