ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

subliñados de MAL MOR (Emilio Araúxo, Axóuxere)

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA,CRÍTICA DE ACTUALIDADE — 22 Marzo 2018 @ 7:25 p.m.

 

Pelo cáelle cando, se peina (9).

………………………………………

Inverno. Frío non fai pero chuvisca. Agora para o inverno vai toda a vida (15).

……………………………………….

Comendo. Aquí chove. E néboa. Está escuro (20).

……………………………………….

Os domingos péinase toda a vida. Domingos péinase. E algúns días soltos (23).

……………………………………….

Pagou o enterro do seu pai e da súa nai. E non pediu un can. A poder de aforrar (33).

……………………………………….

Os allos había ser en xaneiro. Sementalos. Bullalos. Sementalos. Tenos na despensa. Pero aínda non cavou. Non foi tempo de facer nada (43).

……………………………………….

Veleno trouguera un frasco e aínda non o encetou (44).

……………………………………….

Certa, a morte. Xa virá ela. Nunca a pediu. Ha de vir. E se se ve moi apertada dirá que Deus a leve (52).

……………………………………….

De pé désdeque. Os días non renden nada (53).

……………………………………….

Esperanza do que veña. Co que viñese. Esperanza de que? Pouca (58).

………………………………………..

Tanto lle dá o ano novo como o ano vello. Ós ósos doridos chámalles meus (64).

…………………………………………

Figuéchesme moitas, se fora mala non che miraba para a cara. Calou. Calou. Non dixo hache nin be. Figuéchesme moitas, se fora mala non che miraba para a cara (67).

 

Non hai comentarios »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

(required)

(required)